Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enfermidades de ricos

viernes, 13 de febrero de 2009
Galicia non tiña xente gorda entre a súa poboación, en termos xerais e en épocas pasadas. As condicións de vida non permitían alegrías gastronómicas nin dietas saudables.

Non hai máis de medio século o ideal da fermosura era a blancura da cara (que evidenciaba que non se traballaba no campo de sol a sol) e a abundancia de carnes, que acreditaba pertencer a unha casa ou clase social sen problemas carenciais.

Como todo cambia e a evolución nótase a pesar de que agora esteamos en crise, o problema actual é de signo contrario e a obesidade xa é un tema médico, estudiado polos especialistas preocupados pola situación da poboación galega ó respecto.

O maior problema está nos nenos segundo ten acreditado o servizo de Endocrinoloxía do Hospital Xeral-Cies de Vigo, que comproba que nos últimos vinte anos os casos de sobrepeso na poboación infantil galega entre seis e dezaseis anos teñen pasado dun 14% a un 28%, mentras que os de preocupante obseidade pasaron dun 2,6% a un 11,9%, sendo as últimas cifras do ano 2005. E a obesidade trae consigo outros problemas como a diabetes do tipo 2, ata agora moi pouco frecuente en nenos, calculándose que xa afecta a un cinco por cento dos nenos obesos.

Imponse actuar rápida e decididamente neste tema e as autoridades sanitarias deberán tomar boa nota do problema. As causas están na comida rápida ou comida lixo, na falta de exercicio, na riqueza das dietas. No terceiro mundo teñen outros problemas. Pero este tamén é importante. Non sempre a abundancia trae a felicidade e neste caso todo o contrario.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES