Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 12 de octubre de 2023
Catro berros e dúas labazadas

Resolvín o asunto con catro berros e dúas labazadas. Ó asasino que me quixo asasinar. Desde un primeiro momento intuín algo a situación: cando o vin agachado detrás dunhas toxeiras dos Currás. Claro que, naquel momento, non imaxinaba para nada o que ía suceder. Porque non coñecía ó tipiño de nada. Simplemente notei que me miraba fixamente e de mala maneira. Pero non lle dei moita importancia.
Pingas de Orballo Non obstante, si me empecei a preocupar cando atravesei a ponte das Cabras. Déuseme por mirar para atrás e vino de novo agachado entre uns piornos de Detrás das Poulas. Foi a partir de aí cando empecei a tomar medidas, é dicir, poñer pé no asunto. Como que, en vez de seguir pola Pitediña cara á Baños de Molgas, botei a correr pola pista que vai polas Lagoas e os Piuales. No Formigueiro escondín detrás dun castiñeiro e non tardou en aparecer. "Uuuiii, que carallo", exclamei.
Como aquilo xa pasaba de castaño escuro, optei polo que el menos se esperaba: que baixei correndo do Formigueiro y fíxenlle fronte. É dicir, lanceille catro berros e solteille dúas labazadas. Pedinlle ó momento explicacións. Non tardou en agachar a cabeza e confesar que se confundira. Que eu non era a vítima que el buscaba. Tampouco quixen saber máis. Cada un que resolva os seus asuntos como lle conveña. Eu fíxeno con catro berros e dúas labazadas que me libraron do asasino que me quixo asasinar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES