Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concelleiros

sábado, 07 de octubre de 2023
Nunca aspirarei a ser concelleiro, entre outras razóns por non querer contar as miñas miserias económicas para que cada quen, véndoas publicadas, desde a súa situación xulgue se o representante publico lle supera ou non chega ao seu nivel económico.

Que lonxe aqueles tempos que os concelleiros accedían ao cargo en razón do imposto que pagaban, coa filosofía entendo de que canto máis posuíran e pagaban maior interese terían na defensa dos intereses comúns dos lucenses.

Leín a información sobre os bens dos ediles lucenses, case de "tapadillo" porque me daba vergoña pescudar nas interioridades de amigos, facendo -como se dicía en tempos que facían os curas nos confesionarios- propósito de esquecer calquera detalle que me chamase a atención.

Coches, aforros, hipotecas... investimentos, propiedades, plans de xubilación… motos, garaxes, pisos e contas correntes... Aí queda todo iso para cumprir coa letra dunha norma.

Que importa que bens teñen os que acceden a cargos públicos, se a inmensa maioría sairán impolutos dos seus cargos?. E se alguén, en algún lugar do país, se enriquece de xeito innoble, non o vai incluir na declaración da renda.

Cunha norma así, suponse que é imposible a corrupción na Administración, pero o único que queda claro é que os declarantes son xente normal como calquera de nós que teñamos un pasar, un traballo, unha traxectoria, unha vida.

De cara á galería queda moi aparente a medida, aínda que non teñen obrigación de expresar cantidades. Mellor así. Debera bastar con "retratarse" con Facenda sen ter que espirse económicamente para entrar no concello.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES