Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 06 de octubre de 2023
Quedo calado

Quedo calado e deixo que o río pase. Non son quen de formar unha presa. Tampouco quero. Para que? O río debe ter a súa liberdade. Coma calquera ser humano. O de liberdade no ser humano é un dicir. Moitos estamos e somos prisioneiros de algo. Dunha aloucada, dun latexo, dun salaio, dun esperpento, mesmo dun ruxerruxe ou dixomedíxome.
Pingas de Orballo Din que a liberdade ten un prezo. Si, ás veces, demasiado caro. Pouquiñas veces é barata. A liberdade é unha cadea que racha, un zulo que estoura, un recanto escuro que rebenta. A liberdade é o negativismo ó medo. A liberdade é poder berrar desde un outeiro do monte Medo.
Quedo calado despois de tal berro e deixo que o regato desemboque no río. Para que a auga leve as carraxes e os versos que non collen no poema; e os berros que desentoan, e os silencios que non se senten; para que ninguén colla as troitas coas bragas enxoitas, para que arrastre as follas secas dos amieiros, e os caxatos da nostalxia, e os coios da infancia, e todas as novelas baratas.
Quedo calado logo de tanto arrastre. Calado e canso. Cansado de berrar e de soñar en silencio. Soñando esperto e durmido. Porque soñar é bonito. Pero cansado. Cansado de estar calado. Agora ben: non sei que dicir. Cansado de dicir e seguir ladaíñas que non veñen a conto, que, como moito, aboian sobre as augas do río que pasa. Dese río que non ten encoro, vaira, presa. Porque me neguei a facela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES