Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amor non pasa de moda

jueves, 05 de octubre de 2023
Neste mundo tan cambiante, a moda ten moito peso.
A roupa de hoxe en día, dura por tempo indefinido; pero renovamos o armario moi a miúdo sencillamente porque xa non está de moda.
Moitos dos costumes e tradicións dos nosos avós, tamén os deixamos no baúl dos recordos porque aparecen novas formas de vivir.
Certamente: a evolución esixe cambios constantes; pero non todo cambia.
O AMOR NON PASA NUNCA DE MODA.
O AMOR PERMANECE.
O AMOR É UNIVERSAL.
É UN VÍNCULO MOI FORTE QUE UNE ÁS PERSOAS POR LAZOS INVISIBLES.
O amor non se ve nin se pode tocar; pero as súas manifestacións, sí.
- CANDO VEMOS QUE AS PERSOAS SE MIRAN CON TENRURA É PORQUE HAI AMOR:
A mirada inxenua das criaturas.
As miradas puras das persoas que se estiman.
- CANDO VEMOS QUE UNHA NAI SACA O BOCADO DA BOCA PARA DARLLO Ó SEU FILLO, É QUE HAI AMOR.
O amor dunha nai soporta todo.
O amor dunha nai disimula todo.
O amor amor dunha nai é inigualable.
- CANDO VEMOS QUE UN PAI DE FAMILIA VELA POLO BENESTAR DA MESMA, É QUE HAI AMOR.
E non lle importa facer horas extras.
E non lle importa cansarse.
E non lle importa sacrificarse.
- CANDO UNS PROXENITORES SE MULTIPLICAN PARA QUE NON FALTE DE NADA NO FOGAR, É QUE HAI AMOR.
Dan o mellor de si.
Dan todo canto poden.
Dan e non se cansan de dar...
- CANDO O PROFESORADO DEDICA TEMPO E PACIENCIA POR ENCENDER LUCES NO CEREBRO DO ALUMNADO, É QUE HAI AMOR.
Non lle importa facer horas extras aínda que non llas paguen.
Non lle importa entregar as súas forzas a cambio de ver que alumnado progresa.
Sofre moito cando non consegue os obxectivos propostos.
- CANDO NON LLE FALTAN COIDADOS ÓS ENFERMOS AÍNDA QUE AS ENFERMEDADES SEXAN MOI LATOSAS, É QUE HAI AMOR.
Os coidadores entréganse en corpo e alma ós enfermos.
Os coidadores sofren tanto como o doente.
Os coidadores tamén precisan coidados.
-CANDO AXUDAMOS A UNHA PERSOA MAIOR É QUE HAI AMOR.
Porque comprendemos as súas limitacións.
Porque vemos que necesita axuda.
Porque xa deixa loitado moito na vida e leva as forzas esgotadas.
- CANDO UN SACERDOTE PREDICA A TEMPO E A DESTEMPO PARA CONDUCIR AS ALMAS A DEUS, É QUE HAI AMOR.
- Porque o amor de Deus habita nel.
- Porque sabe o importante que é a fe nos momentos duros da vida.
- Porque se fixo sacerdote para entragarse ó servizo dos fillos de Deus.
- Porque sente na súa alma a frialdade espiritual da sociedade actual.
- CANDO AXUDAMOS ÓS NECESITADOS, É PORQUE HAI AMOR.
Porque os necesitados chaman á porta da nosa alma.
Porque queremos aliviar a súas necesidades na medida das nosas posibilidades.
Porque sentimos empatía por eles.
- CANDO NOS OFRECEMOS INCONDICIONALMENTE PARA O QUE POIDAMOS SER ÚTILES, É QUE HAI AMOR.
Coa familia por razóns da sangue.
Co vecindario por razóns de vecindade.
Coas amistades por razón de amistade.
Con todos en xeral porque todos imos na mesma barca que é a vida.
As oportunidades para dar e recibir amor, son incalculables.
"APROVEITANDO OPORTUNIDADES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES