Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 04 de octubre de 2023
Coa verdade por diante

Fun coa verdade por diante e dixéronme que todo era mentira. Non esperaba tal reacción. Analizaba unha e outra vez esa verdade e, canto máis a analizaba, máis verdade me parecía. Pois non, seguían a dicirme que todo era mentira. Cheguei a pensar se non estarían rodando unha película e querían espremer a miña reacción. Porque, esta, é certo que pasaba do asombro á carraxe, do abraio ó propio medo.
Pingas de Orballo Marchei a sentar á sombra dun amieiro, á beira do río Arnoia, para que a calma das súas augas inundase as miñas ansias. Porque xa estaba ansioso, xa vivía ansioso ante o que querían que vise ou que notase: unha mentira sobre a miña verdade.
Deille a volta ó enunciado. Cataloguei a mentira e seguín estudando a verdade. Non había volta de folla: a miña verdade era a auténtica, a real. Seguía sen entender porque insistían na mentira. Eu miraba unha e outra vez o reloxo: eran exactamente as oito e media da tarde. O reloxo non mentía. Seica era eu o que mentía. Porque, segundo eles, eran exactamente as sete e media da tarde.
Ganas me daban de sacar esa pistola que non tiña para impoñer a miña verdade. A angustia xa era tan grande que alguén se compadeceu de min e comunicoume que estabamos nas Canarias. Quixen entender a diferencia horaria, pero... que pintaba, que facía eu nas Canarias. Agora mesmo xa non sei se é verdade ou é mentira que me atopo nas Canarias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES