Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aurora Sampedro Piñeiro, unha nena con talento

lunes, 09 de octubre de 2023
A infancia de Aurora, foi semellante á das nenas e nenos galegos, nados no medio rural, en torno ao ano 1913. Aurora era a menor de seis irmáns, comezou na escola do Aurora Sampedro Piñeiro, unha nena con talento"Canteiro" de San Pedro de Benquerencia, entre os oito e os nove anos de idade.
No Canteiro as aulas do ensino, impartíanse desde o ano 1907. As escolas estaban situadas no segundo andar do edificio do "Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia". Institución creada a expensas do Centro de Benquerencia Sociedad de Instrucción y Recreo de la Habana.
Grazas ao esforzo económico e ao agradecemento á súa terra e á súa xente, construíuse no ano 1906, o edificio de estilo colonial, con dous andares, que a día de hoxe causa admiración, por a súa harmonía, beleza, equilibro e impacto visual.
Aqueles emigrantes, ben nacidos, bos e xenerosos tiñan a sabedoría para diagnosticar con precisión as carencias do seu pobo, das súas xentes e da súa terra. Para pórlle remedio, acordaron dúas medidas significativas, referentes ao ensino e a defensa da agricultura e da gandería:
- Ensino, ao establecer as escolas de nenos e nenas no segundo andar do Canteiro, separados por un corredor. Rapazas a esquerda e rapaces á dereita. Espazo amplo, cómodo e acolledor, no que as xanelas, aproveitaban con eficiencia a luz natural.
- Defensa dos intereses dos agricultores a través do Sindicato Agrario da freguesía, que ocupaba o primeiro andar.
Varios deberon de ser os afortunados desa nobre iniciativa. Eu céntrome en Aurora, aquela rapaza lista, curiosa, disciplinada e aplicada nos estudos, que anos máis tarde sería licenciada en Ciencias Químicas, Doutora na mesma rama, Investigadora de prestixio internacional e Académica.
A persoa que descubriu o talento e as potencialidades de Aurora, foi a súa mestra, Dona Juanita, e así llo fixo saber aos seus pais, cando tiña a idade de dez ou once anos, ela mesma ocupouse de preparar a Aurora para os exames de bacharelato elemental por libre, no Instituto de Lugo.
"La Voz de la Verdad", do día 30 de maio de 1930, confírmanos o aproveitamento por parte de Aurora das ensinanzas de Dona Juanita, muller visionaria e altruísta:
"Tras brillantes ejercicios ha terminado el Bachillerato elemental con nota de sobresaliente en los cuatro grupos que le faltaban, la Sta. Aurora Sampedro Piñeiro, a la que enviamos nuestra enhorabuena".
O seguinte fito determinante do seu itinerario formativo está en Madrid, no ano 1930. Aurora con dezasete anos, comeza unha nova etapa de formación e estudo, lonxe da súa terra, na que vai ter múltiples oportunidades para potenciar o seu talento, ao confluír dúas variables determinantes: A Residencia de Estudantes e a Universidade Central.
A versión feminina da Residencia de Estudiantes foi a Residencia de Señoritas, fundada no ano 1915. A misión da Residencia era a de impulsar a educación, a formación e a dedicación a ciencia en plena igualdade da muller co home.
A Residencia de Señoritas, contaba con biblioteca, salas de estudo, espazos de lecer, medios materiais, actividades lúdicas e científicas, que confluían para crear unha atmosfera onde se respiraba liberdade. O ideario da residencia estaba ligado á "Institución Libre de Enseñanza". Aurora compartiu este espazo plural, creativo e innovador durante cinco anos (1930-1935).
Nos cursos académicos 1930-31 e 1931-32 realizou os estudos de Bacharelato Universitario. Sección de Ciencias, na Universidade Central, Facultade de Ciencias. O título foille expedido polo Reitorado o día 2 de xuño de 1932.
No curso académico 1931-32, ademais das materias do Bacharelato, Aurora aprobou por libre catro do primeiro ano da licenciatura de Ciencias Químicas: Matemáticas especiales 1º; Química experimental; Geología e Biología. Continuou cos seus estudos na Universidade Central os cursos académicos: 1932-33; 1933-34 e 1934-35.
Asturias foi o terceiro fito na historia de vida de Aurora, a súa experiencia en terras asturianas, foi curta, intensa e gratificante.
O día 10 de outubro de 1935, solicitou o traslado do seu expediente desde a Universidade Central (Madrid) á Facultade de Ciencias Químicas de Oviedo, onde se matriculou no curso 1935-36.
O intervalo de tempo que durou a Guerra Civil (1936-39), privouna de continuar cos estudos, que reiniciou no curso académico 1939-40 e finalizou no seguinte. Aurora conseguiu o título de Licenciada en Ciencias Químicas, coa nota de sobresaliente o día 25 de xuño de 1941.
A información oral facilitada por Francisca Díaz Sampedro (Paquita), sobriña de Aurora, a que coñeceu e conviviu con ela na casa familiar do Mornelo de San Pedro de Benquerencia, residencia á que acudía Aurora, nos períodos de vacacións, axúdanos a completar a actividade de Aurora que vai desde a finalización da licenciatura ata a matrícula do doutorado (1941-4944).
Engade que:
"Aurora unha vez finalizada a carreira deu clases en Boal e en Vegadeo, un período curto de tempo, sería un ano en cada sitio".
Da estancia en Boal, non conseguín máis información, en cambio, da de Vegadeo recollín a testemuña de Emilio Pérez Fernández de noventa anos, alumno do Liceo Asturiano, que cando iniciou os estudos, con nove ou dez anos, lembra que: "en el piso de arriba impartía clases a los mayores Doña Aurora".
No libro Historia(s) de Vegadeo, 2ª edición. Editorial Traba 2020, de Luís Casteleiro Oliveros, pp. 419-420, temos a seguinte información sobre o Liceo:
"Tras reunir a profesores de diversos lugares de España el día 3 de noviembre de 1937 comenzaba sus tareas docentes el llamado "Liceo Asturiano" (...) Para su puesta en marcha resultó esencial el apoyo económico prestado por varias familias veigueñas, deseosas de paliar los funestos efectos que había generado la desaparición en 1930 del colegio de los frailes agustinos de Tapia, centro pedagógico del occidente asturiano hasta ese momento.
(...) distintas secciones de estudio que se ofrecían: Preparación de ingreso, Bachillerato, Correos, Telégrafos, Comercio oficial, Magisterio y Preparaciones especiales de cultura general".
Non se conserva o arquivo, cos nomes dos profesores, dos anos que supoñemos que impartiu clase Aurora, por os nosos cálculos debeu de ser: o curso 1942-43 ou 1943-44, dependendo se en Boal, deu clase no curso 1941-42 ou no 1942-43. Do que temos certeza documentada, é que no curso 1944-45, Aurora estaba de novo en Madrid.
Neste cuarto fito, Aurora retorna a súa universidade de orixe, para realizar os estudos de doutorado e iniciar unha intensa e brillante carreira investigadora.
Comezou a traballar no Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano", na sección de Espectroquínica, no curso académico 1944-45, para iniciar o proceso de investigación da súa tese de doutoramento, titulada: "Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal", dirixida por o Dr. Ángel Santos Ruíz da Facultade de Farmacia e o Dr. Juan Manuel López Azcona do Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano". Os estudos sobre oligoelementos continuaron os cursos 1945-46 e 1946-47. Aurora, consegue o título de Doutora en Ciencias (Sección Químicas) pola Universidade Complutense o 16 de febreiro de 1948.
O quinto fito, tanto laboral, como profesional e académico, é a incorporación ao Laboratorio Central de Renfe, por oposición, como doutora en químicas, a principio dos anos cincuenta do século pasado.
O sexto fito foi a consecución da prestixiosa bolsa de estudos da Fundación March, no ano 1961, que lle aportou recursos económicos para continuar coas investigacións nas diferentes aliaxes de metais, e poder seguir aportando valor a ciencia.
E o sétimo fito, foi o nomeamento de Académica de Ciencias Experimentais.
"Por sus aportaciones a la ciencia en los campos de la nutrición y de la automoción, en 1977 la Real Academia de Doctores de España nombró a Aurora Sampedro Correspondiente de Ciencias Experimentales".
Visualizar de forma resumida a historia de vida de Aurora Sampedro Piñeiro, produce un gozo inmenso, ao ir descubrindo como ía medrando o seu talento, parello a madurez: persoal, profesional, académica e investigadora.
A grandeza de Aurora, muller adiantada ao seu tempo, creativa e innovadora, traballadora incansable e visionaria, que sen perder a súa esencia, volvía a súa terra cada verao para descansar ir a praia e o monte, nadar e camiñar, falar cos veciños e ser unha máis na comunidade que a viu nacer e a que se sentiu vinculada toda a súa vida.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES