Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 03 de octubre de 2023
Pensar por pensar

Mirei para o niño de anduriña e, de golpe, pensei en ser coma ela. Dito e feito: botei a voar. Voei. Sen ningún problema. Sen estender os brazos, sen brusquidade, sen tomballóns. Alceime algo así coma Superman. Non tardei en voar sobre as casas de Baños de Molgas e peguei un sprint a todo o longo do río Arnoia. Voando sobre as Pedradarcas, tiven a intelixencia de pensar que, segundo se cumprira o pensamento da anduriña, podía ser rico se pensaba en ser rico.
Pingas de Orballo Nos Pontóns (eidos que lindan coas Pedradarcas), xa notei que era inmensamente rico. Tanto que aterrei cun trompazo da hostia. Pois os cartos que levaba na mochila e nos petos do pantalón, camisa e cazadora eran demasiado para manter o voo. Cando me decatei, seriamente, do que me estaba a suceder, botei as mans á cabeza e o sorriso cada vez se facía máis grande.
Pensar por pensar. Pensei na punta dunha estrela e alá estaba colgado dela. Pensei na Perla Negra e o primeiro que fixen foi botar pola borda ó puto Jack Sparrow. Agora era toda miña! A verdade é que estaba de Jack Sparrow ata os mesmos. Pensei nun alustro rachando o silencio e ó momento xa escoitei un estrondo que semellaba que rebentaba o mundo. E, faltaría máis, pensei nunha Galicia independente e xa non deixei que ninguén, do Padornelo para alá, se metese na nosa vida. Si, tamén chegou o momento de pensar en deixar de pensar. Non volvín pensar máis. Ó momento quedei en branco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES