Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin respecto, nin civismo, nin conciencia

lunes, 02 de octubre de 2023
Acábase o mundo! Non podemos entrar no mes de outubro con esta calor de xullo! Si, xa sei que polo san Miguel... Pero isto vai máis alá do san Miguel.
Nin respecto, nin civismo, nin conciencia
Tamén vai máis alá a falta de respecto, a falta de educación que amosamos algúns. A sentenza esa de "falando enténdese a xente" é unha trapallada, unha falsidade. Aí van dous exemplos nos que o de falar non cadra, nun xungue moi ben con algúns: o xa ex edil socialista Daniel Viondi dándolle uns lapotes nun pleno ó alcalde de Madrid, Martínez-Almeida; e o psicólogo Lucas Burgueño increpou, empuxou, arrecunchou e acurralou contra un vagón do AVE ó deputado socialista Óscar Puente. Aquí, neste noso país xa sabemos que todo o resolvemos polas bravas; desde o asentamento dun marco ata a galla do carballo que sobresae en certas lindes ou estremas. E non falamos, actuamos. Ou si, primeiro falamos a base de insultos para rematar cunhas labazadas ben dadas por se o contrario non se decataba de que ía o asunto.

É verdade que, aquí, na nosa terra, sempre lle achacamos á violencia a nosa forma de vivir no rural, cando, na realidade, vemos que en todos os lugares cocen fabas; nesa política que é a que debería dar exemplo e que, polo contra, é quizais onde máis xenreiras se amosan. Dáme que, logo dos cartos, a política é a actividade máis violenta e falsa, mesmo chegando a furgar coma un cancro en moitas familias.

Nin respecto, nin civismo, nin concienciaFalta de educación. Falta de respecto. Falta de civismo. E falta de conciencia. Somos tan retorcidos que mesmo nos poñemos a liquidar animais porque si. Quizais por vinganza. Acaso por probar algunha arma de fogo. Pode que por simple diversión. Na serra do Barbanza, a un ou a uns tipiños déuselles por dispararlles a uns cantos cabalos. Parece que sen vir a conto. Tal vandalismo acabou con oito eguas e un poldro de pura raza galega que, para máis aquel, están en perigo de extinción.

Volvo ós políticos e volvo á conciencia. Resulta que os senadores gastaron 609.000 euros en viaxes estando as Cortes disoltas. Non obstante, os "defensores e amantes das linguas cooficiais" poñen o grito no ceo polo gasto en pinganillos. A ningún deses "lingüistas" lles oín queixarse do gasto desas viaxes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES