Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benvida familia Pelúdez

miércoles, 04 de octubre de 2023
Un ano máis Lugo engalánase para recibir a un home de sabiduría natural como é o Pelúdez. Quizáis sexa a familia máis lonxeva e que máis San Froiláns leva ao lombo, e veñen a Lugo para facernos vivir a pé de rúa as nosas mellores festas. Saben ben que a cidade non dorme do 4 ao 12 de outubro e sabemos ben que podemos atopalos en calquera recanto da cidade comendo ou bailando e sempre encarnando as esencias máis puras do San Froilán.
A fala do Pelúdez é sen dúbida peculiar, movéndose entre o castrapo e o hipergaleguismo pero é un home que, sen dúbida, faise entender. Entre o humor e a crítica, a actitude libérrima deste personaxe constituíu o alter ego necesario para dicir aquilo que a censura non permitía dicir. Pelúdez foi entón unha ferramenta que desbrozou camiños cara a liberdade.
Cos anos foron encarnados polo grupo de teatro Achádego, quizais por iso imaxinámolo na persoa de Suso Meilán e a Filomena na persoa de Tareixa Campo. Ben sabemos que esta familia ten o privilexio dos inmortais xa que viven en distintas peles e fannos realidade distintas plumas. Actualmente é Cora o seu cronista, mais xa é imposible concibir as festas luguesas sen eles, polo tanto hai que darlles a benvida e desexar que sigan transitando polo tempo como un símbolo imprescindible do San Froilán.
Este ano a ver que nos di o Pelúdez...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES