Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 28 de septiembre de 2023
Oito meses e sete días

Custoume moito decidirme, pero ó final fíxeno. Saír da casa. Levaba exactamente oito meses e sete días encerrado. Por nada. Simplemente porque a min me dera a gana. Ás veces cometo accións ou aventuras que non vén a nada, incluso que non proceden, pero... Pero aí están.
Pingas de Orballo O primeiro que notei ó saír foi o aire quente que se me botou enriba. Era tan quente que case me asustou. É máis, asustoume. Normal. Eu pechárame no mes de xaneiro, en pleno inverno. E na casa estaba, como se adoita dicir, coma Deus. Tamén non tardei en notar o zunido dunha velutina. Sentino tan cerca que, co típico xesto da man para espantala, resulta que lle arreei. Aí souben que non perdera as facultades para exterminar ás moscas e os seus sucedáneos. Sempre tiven fama de cazamoscas.
Ós poucos metros, ou sexa, cando entrei na Valenzá, impresionoume o ruído dos coches. Onde vivo case non pasan vehículos e xa non lembraba como fungaba un motor. Eses oito meses e sete días cambiáronme tanto a personalidade que me saudaban os veciños e eu non sabía que dicir. Eu, que sempre fun charlatán e que nunca lle neguei o saúdo a ninguén. Ata agora.
Certo que o propio ambiente foi o que me conduzo polo camiño da realidade e da monotonía. Cando cheguei ó medio da Valenzá, notei que xa volvía ser eu e que eses oito meses e sete días quedaban xa para ser contados. Xa os contarei cando me dea a gana.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES