Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de septiembre de 2023
Que ningúen nos toque a propiedade!

Xa o vin desde lonxe. Vin como se movía polas lindes da miña leira. Achegueime a el inmediatamente. "Ola, son Secundino Sorolla, ti moviches o meu marco, prepárate a morrer". Recuou ó instante. Con medo. Non era parvo. Ben que vía o fouciño na miña man.
Pingas de OrballoMentres eu contemplaba a opción de actuar dunha maneira ou doutra, pero sempre en plan de castigo, de escarmento, souben catalogar todas as alternativas, principalmente a de se paga a pena chegar a eses extremos tan radicais polo movemento dun marco. Claro que paga a pena! Porque, moita risa, moita retranca, moita chanza polo baile dos marcos galegos, pero, á hora da verdade, que ninguén nos toque a propiedade! A propiedade do que sexa. Non tardamos en alporizarnos ata as máximas consecuencias. Sen importarnos en como rematarán estas.
A propiedade é sagrada para o ser humano. Para o labrego, un cachiño de eido, aínda máis. Eu mesmo, alá onde non chega a rella do arado, principalmente nas lindeiras ou estremeiras, sempre vou cun sachiño por detrás repañando, aproveitando todo o que poida aproveitar; non vaia ser que o veciño se aproveite da miña terra. Érache boa!
O home, vendo a determinación nos meus ollos e nos meus xestos (o brazo dereito que sostiña o fouciño non estaba quieto), axiña me pediu perdón e colocou o marco no seu sitio. Esa era a proba do delito: significa que o movera!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES