Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor e Fe

jueves, 28 de septiembre de 2023
Nos tempos que vivimos estamos expostos a moitísima información por diferentes cauces.
Dá a impresión de que todos sabemos de todo e que temos acceso a todo, incluso que vivimos uns tempos moi avanzados.
É tanta a presión que exerce a vida social actual que, moitas veces, non sabemos que camiño coller.
De tal xeito que todos o temos difícil, moito máis difícil do que parece.
O peor de todo é que:
ESTAMOS SUBINDO UNHA XUVENTUDE MARAVILLOSA QUE NON DESENVOLVE TÓDOLOS SEUS TALENTOS PORQUE A SOCIEDADE NON LLE OFRECE UN AMBIENTE AXEITADO.
Ofrecémoslles moita información, eso si; pero a súa formación é incompleta porque vai encamiñada cara ó materialismo e o consumismo.
Poñemos o ter por encima do ser.
DESTE XEITO DESCOIDAMOS OS VALORES MORAIS E RELIXIOSOS QUE SON O SOSTÉN DA NOSA CULTURA.
A PINTURA, A ESCULTURA, A MÚSICA, A ARQUITECTURA, A VIDA MESMA: NON PODEN ENTENDERSE SEN UNHA CULTURA RELIXIOSA.
Moitos xoves renegan da cultura relixiosa dos seus ancestros porque lle ven defectos.
E claro que os ten.
Os seres humanos nunca foron perfectos e os de agora tampouco o son.
OS DE AGORA SON MENOS FELICES E MENOS MADUROS.
Moitos renegan da existencia de Deus porque ven moitas inxusticias no mundo e bótanlle a culpa. ¿TEN ACASO DEUS A CULPA DOS MALES QUE NÓS COMETEMOS?
Cando nós cometemos fallos graves, estamos desobedecendo a lei divina.
ESA LEI QUE TANTO CRENTES COMO NON CRENTES LEVAMOS INSCRITA NOS NOSOS CORAZÓNS.
Nós, que actuamos con liberdade (ou con libertinaxe nalgúns casos), somos os culpables; non Deus.
ADMITO QUE HAXA QUEN NON CREA EN DEUS A QUEN NINGUÉN VIU; PERO A LEI NATURAL É COMÚN TANTO PARA CRENTES COMO PARA ATEOS.
Podemos crer ou non crer; pero eso non está reñido con ter unha cultura relixiosa.
A CULTURA RELIXIOSA É NECESARIA PARA ENTENDER O MUNDO NO QUE VIVIMOS.
A min paréceme que non vale con negarlla á infancia alegando que elixan cando sexan maiores.
¿PODERÁN ELIXIR O QUE NON COÑECEN?
Non.
Claro que non.
PARA PODER ELIXIR ANTES, TEMOS QUE COÑECER AS POSIBILIDADES QUE TEMOS.
Hoxe en día a ignoracia relixiosa é tanta que a infancia ve unha imaxe relixiosa e pensa que é unha estatua.
Ve un sacerdote misando e pregúntase:
¿Que fai e por que vai vestido así?
Ó LONGO DA HISTORIA, e hoxe en día tamén, OS SANTOS SON UN ESPELLO NO QUE DEBEMOS MIRARNOS PARA ACADAR UN MUNDO MELLOR PARA TODOS.
Penso que o encontro Mundial da Xuventude Católica celebrado en Lisboa a principios de agosto deste ano 2023, demostra que temos unha xuventude aberta ó Espírito.
MILLÓN E MEDIO DE RAPACERÍA DE TODO O MUNDO ENTORNO Ó PAPA FRANCISCO QUE MANIFESTABA NO SEU ROSTRO A TENRURA E A MISERICORDIA DO SEÑOR PARA QUE TODOS NOS SINTAMOS ACOLLIDOS POLO AMOR DE DEUS.
Naqueles rostros iluminados estaba representada toda a xuventude.
¡Que maravilla!
A xuventude é maravillosa.
Sempre o foi e seguirá sendo.
A XUVENTUDE PRECISA ALENTO DO ALTO PARA QUE SE SINTA MEMBRO DUNHA COMUNIDADE ONDE REINE O AMOR CRISTIANO:
- Onde non haxa violencia de ningún tipo.
- Onde ninguén se sinta discriminado.
- Onde todos vivamos como irmáns no AMOR.

"O AMOR NON PASA DE MODA"
Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES