Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (15)

martes, 03 de octubre de 2023
.../...
¿En que se parece o pote colgado dunha gramalleira
á España da primeira década do XXI?
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (15)
Lección de Economía apocalíptica para alumnos intelixentes.


Hai moito tempo que o escudo de España deixou de ter xugos e frechas? ¡As frechas desapareceron no século pasado, pois os rapaces de hoxe en día nin frechan nin son frechados; o de agora son atumes, unhas atumes liviáns, uns papeliños engomados, que por iso se di, ligar! En canto ao xugo, ás cangas, renóvanse cada catro anos, mais, para disimular, no dicionario da Constitución lese, puxeron, listas cerradas!

As aguias, aquelas aguias imperiais fóronse, e como a natureza ten horror ao baleiro, esa fauna foi substituída por falcóns. ¿Quen, como, e cando? En tempos había, houbo, esculcadores, para amaña-los casoiros. Pois ben, se cadra inspirados niso, agora temos propagandistas da fe, que utilizan os subornos monetarios como carnada para mante-los seus falcóns. En definitiva, que fan os falcóns? Voan, voan alto, de casa en casa, e descenden ata a mesmísima lareira polas mesmísimas antenas, sexan da radio ou da tele. ¡Ao menor descoido, atrápante, e de paso póñenche cadeas, unhas cadeas peores cás letras de cambio, pois átante a catro anos vista, séxase, longo prazo!

A todo isto, o pote, que? Os potes de agora serven para cocer, para abrandar, esa pel de touro á que chamaban España. ¡Iso, España, que deixou de chamarse Hesperie, (cuniculosa), pero só foi de nome pois seguimos sendo "terra de coellos", que así nos denominaron os fenicios, séxase aqueles traficantes, agora chamados financeiros! O pote ponse a ferver, atizado polos políticos, de xeito tal que, cando máis ferve, canto máis se lle activa a circulación, a ebulición, máis vapor, máis subirse ás nubes. E, ¿que son as nubes? Para que o entendas: Agora chámanlles "paraísos fiscais". En definitiva, que o contido do pote evapórase, e, salvo que lle vaiamos engadindo algo, tal como produtos exportables, pois aquel ouro da Torre de Sevilla esgotouse, e o depositado en Rusia, tamén, chegará un día no que o pote se baleirará definitivamente. ¿Daquela, que? ¡Vouvos suspender, por torpes! Daquela só queda vender o pote ás potencias estranxeiras, como chatarra, que para outra cousa non servirá.

Das gramalleiras, que, que aínda non falamos diso? ¡Ao non haber potes, nada mellor que colgar eses falcóns das propias gramalleiras, e asalos vivos, tal e como facía a Santa Inquisición para espanta-los diabros, que por algo lle chamaban así, Santa!

Xosé María Gómez Vilabella
-.-

DA NOSA HISTORIA:
ESQUECEMENTOS IMPERDOABLES

En canto á elocuencia dos sepulcros cabe afirmar que non hai sepultura que non fale, aínda que non teña lápida, se queremos escoitala, ou entendela. Aprendino de meu avó e padriño cargando toxos por xunto da Cruz do Zarro Novo de Montecubeiro, onde se enterraron, por séculos, os abortos e mailos suicidas da parroquia. Daquela díxome o patrucio: Se queres entender os comportamentos da xente de cada época, párate a analizar os seus enterramentos.

Desde aquela data nunca entrei nun cemiterio que non me parase a ler no libro aberto das súas foxas: o único que non serven é para distinguir ricos de pobres, pero si se diferencian os cultos dos incultos, aínda que neste caso o nivel cultural apreciado é o dos fillos ou herdeiros pois adoitan ser os que encargan as laudas, pero hai un caso, ao que por certo estou bastante vinculado, no que foi o propio interesado o redactor da arenga lectiva. Refírome á tumba de Ben-Cho-Sei, cemiterio de San Francisco de Ourense, onde se pode ler:
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (15)
O SEÑOR
D. XOSÉ RAMÓN Y FERNÁNDEZ OXEA
(BEN-CHO-SEY)
GRAN CRUZ DE MONTEALEGRE,
COLECTOR DE BARALLETE,
PREBOSTE DE TANGARAÑO.
TEN O GUSTO DE LLES OFRECER
ÓS SEUS AMIGOS O SEU
NOVO DOMICILIO NO CUMIO DO
CIMITERIO DE OURENSE,
ONDE OS AGARDARÁ ATA QUE O
BOTEN DALI OS EDILES DE TURNO.
A SÚA DONA E A SÚA FILLA PRÉGANLLE
ENCOMENDEN A DEUS A SÚA ÁNIMA.
NOTA.- QUEDAN SUPRIMIDOS
TÓDOLAS HOMENAXES POSTMORTEM
PORQUE AS COUSAS OU SE FAN
Ó SEU TEMPO OU NON SE FAN.

Cando asistín ás súas charlas no Centro Gallego de Madrid, entón na calle San Quintín, varias veces de par da súa sobriña Carmina Cerrada Algarra, e por tanto coa miña atención dividida, pero aínda así admirado da súa amenidade, da súa ironía e non menos daquel patriotismo afoutado que o levaba a falar galego diante do entón Presidente, o xeneral Constantino Lobo Montero, ¡en pleno franquismo!, ben me decatei de que o seu nome merecía letras de ouro, e non só de mármore.

Por aqueles tempos, este servidor, entre servi-la Patria e estudar algo, andaba ben ocupado en facer un bo uso do "Carné de Investigador" que mo conseguira o neto de Martínez Campos, tamén xeneral, para desempoar legaxos no Archivo Histórico Nacional, que me servirían de base para redactar, e seguidamente editar, o meu primeiro libro, "Castroverde. Bosquejo histórico-geográfico". Este libro saíu cunha lagoa, a de non coñecer, aínda, a obra do Miguel García Teijeiro, que fora alcalde de Castroverde. Por aqueles tempos a principal das lousas puxéraa o franquismo sobre as foxas históricas, así que ninguén se molestara, ¡nin se atrevera!, a falarnos aos nenos da labor cultural do susodito. Este artigo de hoxe quere, e pretende, sinaladamente, render unha modesta homenaxe ao citado don Miguel G. Teijeiro, pois, levándolle nisto a contraria a Ben-Cho-Sei, "as cousas", as débedas, hai que facelas, hai que pagalas, aínda que sexa post mortem!

Localicei o libro de Teijeiro, "Migajas histórico-arqueológicas. SARTEGOS de la comarca de Castroverde", baixo a referencia F 6471 da Real Academia Gallega, e práceme compartir este achado cos meus lectores para que á súa vez gocen desta lauda posta por un asturiano aos sartegos dos nosos entregos castroverdenses.

Xosé María Gómez Vilabella
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES