Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renegados e desertores

lunes, 25 de septiembre de 2023
Se as novas sobre o terremoto de Marrocos e as inundacións de Libia me doeron, tamén me mancaron agora unha barbaridade algúns titulares e comentarios sobre o uso das linguas cooficiais no Congreso. (Pequena paréntese para sinalar que axiña nos Renegados e desertoresesquecemos desas calamidades do norte de África, e creo que non fai falta dicir o por que...).

Vaia por diante que, para un servidor, a miña lingua oficial é a galega e a cooficial é a outra, a que me impuxeron. Cun exemplo explico moi ben tal imposición: que sempre falei galego, menos na escola e no colexio. Todo o meu entorno era galego, a excepción deses dous recintos nos que, si ou si, había que falar e escribir nunha lingua estraña. Que non veña agora dicindo don Paco Vázquez que no Congreso impuxeron as presuntas cooficiais. Por certo, este home sempre me deixou un pouco atordado: que falando sempre en castelán, ten tal acento galego que bota para atrás.

Podo entender que os casteláns se alporicen ante o uso doutras linguas no Congreso. Pero é triste, moi triste que unha inmensa maioría da sociedade galega faga o mesmo, que unha gran maioría política renegue ou deserte da súa propia lingua. Aínda que, dentro duns poucos días, non lles importe presumir do legado de todo un Castelao (como fan todos os anos) ata tal punto que é coma se o quixeran facer seu.

O día 19, que foi o primeiro día no que se permitiu o uso do galego, catalán e éuscaro, todo un expresidente da Xunta de Galicia (nada menos que durante 13 anos), renegou da lingua que falarán case todos os seus familiares e veciños dos Peares. Un politiquiño que precisamente debería dar exemplo. Xustamente por iso, porque representaba a toda Galicia. Tamén é verdade que nunca me vin representado por el.

Non chegaba xa con eses representantes ou institucións ou entidades ou asociacións ou organismos que sempre rexeitaron o galego, como para que se sumen agora outros representantes nosos (repito: nosos) nun ataque desapiadado e rastreiro. Claro que xa sabemos que, ás veces, somos moi propensos a tirar pedras contra o noso propio tellado. Só me queda por dicir que, ante tal ataque á nosa lingua, este paisa que escribe optará por defendela a morte... facendo coma eles, ou sexa, renegando, desertando da outra. Non se di así: ollo por ollo, dente por dente?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES