Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aurora Sampedro Piñeiro becada pola Fundación March en 1961

lunes, 02 de octubre de 2023
Conseguir a prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Juan March, foi un gran reto, tarefa difícil, que Aurora superou a base de traballo, disciplina, constancia, rigor, madurez investigadora, formación, publicacións científicas e asistencia a congresos.
Desta forma resumida o expón na instancia da solicitude:
“La autora del presente proyecto de investigación ha tenido el honor de concurrir a convocatorias anteriores para Becas de la Fundación Juan March, sin que en ninguna de ellas el trabajo presentado fuese seleccionado por el jurado correspondiente. A pesar de ello, trabajó sin desaliento llevando, en parte, a feliz término las investigaciones previstas, y presentando en Congresos de la especialidad, en el extranjero, los resultados de las mismas”.
D. Antonio Ríus Miró, director do Instituto de Física-Química “Gregorio Rocasolano” do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Instituto, do que Aurora, era Xefa de Laboratorio da Sección de Espectroquímica, facilitoulle o labor, e así o fai constar na certificación, que acompañaba a instancia da solicitude.
“Esta Dirección ha tenido a bien concederle la autorización correspondiente para la presentación a las Becas de la “Fundación Juan March”, Grupo “Aplicaciones Técnicas e Industriales”, del año 1961, y, como consecuencia, la utilización de estos laboratorios para desarrollar el plan de investigación propuesto”.
O proxecto de investigación presentado por Aurora a Fundación March o día 5 de outubro de 1961: “Control industrial de las aleaciones utilizadas en la fabricación de baterías eléctricas y cojinetes de base de plomo”, materia da que era experta, resultou avaliado polo xurado de forma positiva e notificado a interesada o día 17 de xaneiro de 1962.
O importe da prestación económica, para poder realizar o proxecto de investigación, era de 150.000 pesetas, fraccionado en tres pagos, a medida que se ían presentando os avances do traballo de investigación, tal como se establecía nas normas da convocatoria:
- Primeiro pago: 30.000 pesetas
- Segundo pago: 30.000 pesetas
- Terceiro pago: 90.000 pesetas
Coñecendo a capacidade de traballo de Aurora, e a súa tenacidade, o día 17 de xuño de 1962, enviou o primeiro avance da investigación, todo foi tan rápido, e tan precisa a súa investigación, que o día 22 de decembro dese mesmo ano, a Fundación, xa lle abonou o importe do terceiro e último prazo.
A técnica espectroquímica foi o modelo, que utilizou Aurora nos estudos de doutoramento sobre “Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal”, dos que publicou catro artigos científicos na Revista Española de Fisiología: “Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal I. Mamíferos”; “Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal II. Peces, crustáceos, y moluscos”; “Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal III. Embutidos, leche y productos lácteos”; “Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal IV. Aves y varios”.
Esa mesma técnica espectroquímica, perfeccionada e ampliada, foi a que modelou Aurora e replicou na investigación sobre as aliaxes de diferentes metais, por unha dobre vía:
Ao contar coa colaboración de catro centros tecnolóxicos de recoñecido prestixio: Instituto Español de Fisiología y Bioquímica Antonio de Gregorio Rocasolano; Patronato de Investigación Científica y Técnica Juan de la Cierva; Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica Esteban Terradas e o Laboratorio Central de Renfe e investigar de forma conxunta co Dr. Enrique Asensi Álvarez-Arenas. Xefe do Laboratorio do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica Esteban Terradas, co que compartirá as súas publicacións científicas, contribucións e asistencias a Congresos.
A etapa que vai desde a lectura da súa tese de doutoramento (16/02/1948), ata a concesión da bolsa de estudos da Fundación March (17/01/1962), foi excelente, tanto en calidade como en cantidade: número de publicacións científicas en diferentes medios, asistencia a congresos e ademais, por o valor aportado a ciencia.
Nos “Anales de la Fundación Juan March, 1956-1962. Año 1961, pág. 442-443. Grupo A: Estudios técnicos e industriales, faise unha breve reseña.
“AURORA SAMPEDRO PIÑEIRO. Natural de Barreiros (Lugo). Licenciada en Ciencias Químicas por la Facultad de Oviedo y Doctora por la de Madrid. En 1946 empieza su labor investigadora en el Consejo, [Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC] donde estudia los oligoelementos en la nutrición, mediante la técnica espectroquímica, publica varios trabajos en la “Revista Española de Fisiología”. Aplica la misma técnica al análisis de varias aleaciones metálicas – metales antifricción, aleaciones de imprenta, baterías, etc. -, analizando bien sus elementos composición, bien sus menores constituyentes, los elementos considerados como impurezas, que pueden perjudicar, en la aleación, el desempeño de sus funciones, de pasar el límite de ciertas proporciones. También sobre este tema publica diversos artículos en revistas españolas y extranjeras. Asiste a reuniones científicas españolas y participa en congresos de Espectroquímica celebrados en Lieja y París.
Con la beca March estudió las aleaciones industriales utilizadas en la fabricación de baterías eléctricas y cojinetes de base de plomo. Se llevó a cabo la preparación de muestras patrón y la puesta a punto de métodos de análisis rápidos y precisos para ser aplicados a la industria. Así se determinaron los elementos Fe, Al, Zn, Bi, As, como impurezas en las aleaciones empleadas en los acumuladores de plomo. Se hizo también el análisis espectroquímico de menores constituyentes As y Cu en los metales antifricción a base de plomo (el primero se añade en pequeñas proporciones para aumentar su resistencia a elevadas temperaturas, y el Cu en las proporciones 0,5-1,5 para evitar las segregaciones, tan perjudiciales en los metales antifricción). Por último, se observó la influencia del tercer elemento en los análisis espectroquímicos”.
A partir deste momento, consideramos, que comeza unha nova etapa, nos campos teórico e práctico;
Teórico, coa continuación dos excelentes resultados da anterior, na que foron numerosas as publicacións científicas e as aportación de valor no campo das aliaxes, determinación de impurezas e dos compostos e temperatura de fusión.
Práctico, pola súa aplicación á fabricación das baterías eléctricas na automoción e aos diferentes materiais de aliaxes empregados nas numerosas ramas da industria.
De forma resumida detallamos as súas publicacións científicas e as contribucións e asistencias a congresos:
- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de impurezas. Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto, “A. de G. Rocasolano”. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, Serie B-Química. Tomo LIX (B). pág. 415. número 6, junio 1963.
- Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas. “Revista de Ciencia aplicada”. Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC. Número 99, julio-agosto 1964.
- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de menores constituyentes Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto “Rocasolano”. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, 26 de noviembre de 1966.
- Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de mayo de 1969.
- Determinación espectroquímica del titanio en los aceros inoxidables. Trabajo presentado a la IV Reunión Nacional de Espectroscopia. Granada, septiembre Revista de Metalurgia (Madrid), 11(1), 13–18, 1975.
- Determinación espectroquímica del hierro en aleaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión. Presentado a la V Reunión Nacional de espectroscopia. Palma de Mallora, 19-24 septiembre de 1976. Publicado en la Revista de Metalurgia (Madrid), 13(4), 226-231, 1977.
A base científica, a disciplina investigadora, a ética e o rigor foron os fíos cos que teceu Aurora toda a súa vida familiar, social e profesional. As súas investigacións marcaron un antes e un despois no campo das aliaxes industriais
Grazas a esta muller, adiantada ao seu tempo, visionaria, formada, intelixente, prudente, libre, austera, constante e tenaz, que a pesar das adversidades, marcou unha nova senda investigadora, en tempos difíciles, escasos de recursos materiais, de medios humanos e illados dos principais centros de investigación e dos países máis desenvolvidos.

NOTAS:
1. Aurora Sampedro Piñeiro investigadora destacada do Consello Superior de Investigacións Científicas, publicado en Galicia Digital 18/09/2023.
2. Aurora Sampedro Piñeiro investigadora destacada do Consello Superior de Investigacións Científicas, publicado en Galicia Digital 18/09/2023.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES