Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Miguel das uvas

miércoles, 27 de septiembre de 2023
"San Miguel das uvas maduras, tarde vés e pouco duras". San Miguel para min, sempre serán as festas de Monterroso. Un tempo feliz no que repenicaban en nós os últimos ecos do verán. Despois empezaba todo, primeiro foi o instituto e logo a universidade pero esta celebración seguiu como unha ponte leda pola que transitabamos do verán ao outono.

De pequeno lembro como o santo era amigo da chuvia ou quizais era pouco amigo de procesionar polo pobo. O caso é que, contaba meu tío que unha vez, sendo el ramista, choveu bastante e a pólvora humedeceuse. Un foguete escapouse polo medio da procesión que seica foi moi rápida, non pasou nada e os que levaban ao San Miguel termaron ben del.

Para nós eran tres ou catro noites de troula que moitas veces xa se unían co comezo do San Froilán. Hoxe un dáse conta de todo o que desfrutou do tempo da colleita e da predilección por setembro como precursor do outono. Isto a pesar de que a miúdo nos xogaba malas pasadas anegándonos de auga as ledicias pero nós sabiamos bailar coa chuvia e por riba de todo desfrutabamos ata o último minuto da festa.

Non sei se para min serán tempos fuxidos, quizais me chegou a hora de desfrutar do San Miguel diúrno pero segue no meu corazón como unha data de folla perenne. Por iso agardo que a xente de Monterroso o pase moi ben neste día e San Miguel siga transitando ledicias interxeracionais.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES