Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 22 de septiembre de 2023
As parcelas da mesa

Collín un trapo vello e gastado para limpar a mesa. Sobre esta pousei a miña alma. Ou era a miña conciencia. Xa non sei moi ben. Si sei que, ós cachos, era branca e, ás veces, negra. A verdade é que cambiaba de cor de continuo. E tanto cambio alteroume un chisco. Mesmo a quixen pintar de laranxa. No faiado tan só tiña un bote de cor verde. E de cor verde a pintei. Quedaba bonita. Ata penso que acertei; creo que Pingas de Orballoa conciencia aínda a teño algo verde. Non así a alma. Alma que chouta de cor en cor. E Deus dirá onde quere parar.
Como a mesa estaba limpa coma unha patena, nun recanto tamén pousei a culpa. Sobre esta prefiro gardarme a súa cor. Non vaia ser o demo que botedes as mans á cabeza. Que quede a cousa como está, ou sexa, pousada nun recanto e facéndolle compaña á alma. Ou era á conciencia?
Xa postos, dividín a mesa en varias parcelas (o meu ruralismo asoma cada dous por tres) para asentar nelas algo de todo; desde a alegría á xenreira, desde a cara de ferreiro ós sorrisos abertos, pasando polas xesticulantes faceiras e os latexos pasionais, polos insultos e as oracións (si, á miña maneira aínda sei rezar algo), polos soños e os pesadelos.
A derradeira parcela foi para a identidade. Ocupaba todo o centro da mesa. Era das máis grandes. Porque eu son eu e non, o meu ego é meu. E que cada quen lle busque tres pés ó gato ou que lle cate a alguén as pulgas. Ós poucos minutos, e como non quería deixar rastro (para que?), volvín limpar a mesa co trapo vello e gastado. Quedou de novo como a patena.

Un dos mellores Best-Seller

Quixen escenificar as Sagradas Escrituras pero xa non lembro ben a Biblia. E iso que a lin varias veces. Enteira. Aínda que vos pareza mentira. Pilloume naquela época de nugalla para os estudos no colexio dos Milagres e descubrimento da lectura, desde as novelas do Oeste de Marcial Lafuente Estefanía ata os cómics de Jabato e Capitán Trueno, pasando, por suposto, por todo o que caese nas miñas mans. Como a Biblia.
Pingas de OrballoEsta era gorda coma un sumo, deixábana ter sobre o pupitre e simulaba que era para saber algo de relixión, de cristianismo. A realidade, para un servidor, era un auténtico best-séller de aventuras e historia. Aquelas tribos de Israel, aqueles heroes místicos e míticos, aquel David escarallando ó inmenso Goliath, aquelas xenreiras, aquelas guerras, aqueles sacrificios, aquelas mortes; sen piedade, a millares. Tamén os milagres que ninguén cría, pero dicían bonitos.
Con disimulo, aínda que estivese facendo operacións matemáticas, soerguía un pouco o lateral da biblia e, nun amén, lía algún capítulo máis, algunha páxina máis. E que lle pasará agora a Moisés? Conseguirá liberar ó seu pobo? E como é posible que Xesús camiñe sobre as augas? Pero, mira, ó mellor é verdade; así o din as Escrituras.
Por veces, mesmo metía a Biblia, aberta, por debaixo das pernas e, en vez de mirar para o encerado e atender ó profesor ou ó cura, eu buscaba as aventuras dos protagonistas dun dos mellores best-séllers que se escribiron nunca.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES