Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Actuar para a galería

lunes, 18 de septiembre de 2023
Actuar para a galera Actuar para a galera Seguen coleando as dúas tráxicas noticias acaecidas a semana pasada, o terremoto de Marrocos e a tormenta que masacrou Libia. Porque, se terrible foi o terremoto, as inundacións de Libia xa non hai nome que as describa. Témese que se poidan alcanzar 20.000 falecidos ou máis. Iso é horrible, espantoso!

Sobre o terremoto de Marrocos, un chega a pensar que hai gobernos cos que ninguén debería ter relacións. Este país, ó principio, rexeitou moitas ofertas de axuda internacional, e tampouco se pode dicir que apurase, que alixeirase moito para asistir ós seus concidadáns. Tiveron que ser as asociacións locais e os propios veciños os que botasen a man en tal desastre. Despois si, despois achegouse o rei a botar unha ollada e, en plan teatral, chegou a doar incluso sangue. Para que despois non sei diga que...

Isto de facer que se fai, ou sexa, de actuar para a galería, é algo que sempre me amolou, que sempre me molestou moito. O sábado mesmo, asomaba nos xornais galegos o noso presidente Rueda facendo que vendimaba, e nen tan sequera collía ben o acio. Anos ha, o noso expresidente Feijóo collera unha mangueiriña dunha casa e simulaba que apagaba un incendio. E así moitos... facendo que monguen unha vaca, ou que cavan nas patacas, ou que cortan un carballo. Co guapiños que estarían na casa e ser facer o ridículo... Así fixo Mohamed VI doando sangue e tratando de minguar a culpa.

A culpa non sei se a conseguirá minguar o pai portugués que esqueceu a unha nena de dez meses no coche e que, por culpa da calor, acabou falecendo. Que lles ocorre ás nais e pais para esquecer tan facilmente ós seus fillos? Hai pouco máis de dous meses, no Porriño, a unha nai tamén lle pasara o mesmo: que deixara morrer ó seu fillo de dous anos dentro dun coche, aparcado ó aire libre e con altas temperaturas. Xa sei que temos a desculpa do esquecemento, de que iso lle pode pasar a calquera. Si, é certo, un lapso teno calquera. Pero lapsos de sete horas, no caso da bebé portuguesa, e de oito no caso do neno galego, sinceramente, non me entran na cabeza. En todas esas horas calquera nai ou pai ten que pensar á forza nos fillos e caer na conta dos esquecementos. Non entendo nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES