Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (8)

martes, 19 de septiembre de 2023
11. Cruceiro da Igrexa de Silán.
Parroquia: Silán.
Lugar: A igrexa.
Coordenadas UTM: X: 613.659 Y: 4.819.297.

Esta manifestación relixiosa, de dominio público, está situada carón do muro, que Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (8)delimita o cemiterio parroquial. Amosa unha orientación Sur-Norte. No se conxunto presenta unha serie de elementos artísticos que, nunha orde ascendente, están colocados da seguinte maneira:

Unha base monolítica, de forma paralelepípeda, parcialmente soterrada. Esta prolóngase nun fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas achafranadas no resto. O fuste serve de soporte a un capitel de forma cúbica, decorado con volutas nos vértices superiores das arestas e querubíns nas caras; ademaís, mostra un ábaco decorado cunha roseta cuadrifolia en cada cara. O cruceiro remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos mais coas arestas oitavadas no resto, mostrando tamén un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. O anverso da cruz amosa baixo unha cartela unha efixie de Cristo coas seguintes pecularidades: unha coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira e dúas tibias.

12. Cruceiro do Cemiterio
Parroquia: O Viveiró.
Lugar: A Igrexa.
Coordenadas U.T.M.: X: 611.090 Y: 4.816.328.

Esta expresión artística, de propiedade pública, está situada no adro da igrexa parroquial. Mostra unha orientación Nw-Se. No seu conxunto amosa unha serie de Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (8)partes claramente diferenciadas que nunha orde ascendente están colocadas do seguinte xeito:
Unha plataforma granítica, composta por dous chanzos superpostos de forma paralelepípeda. Esta serve de soporte a unha base monolítica e granítica, composta por dous tramos: o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, de forma troncopiramidal coas arestas superiores redondeadas; ambos os dous tramos están separados por unha pequena molduración.
Na cara Nw., lese a seguinte inscrición:

"EL SR OBISPO DE/
[MONDOÑEDO]/
CONCEDIO 40 DIAS DE IN/
DULGENCIAS POR REZAR EL".

A base prolongase nun fuste monolítico, de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto como resultado do rebaixe das arestas. O fuste serve de soporte a un capitel composto de tres tramos: o inferior, cunha pequena molduración cóncava a xeito de "caveto invertido"; o medio, de forma troncopiramidal, está decorado con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de anxos con ás nas catro caras; e o superior, formado por un triple corpo de catro molduras cóncavas correspondentes a cada unha das caras; no medio da moldura cóncava superior hai un adorno dunha roseta cuadrifolio.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES