Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As mans de Irimia a Raúl Galego e Antía Cal

miércoles, 20 de septiembre de 2023
Este ano no Pedregal de Irimia resoará de novo a gaita de Raúl Galego, marcando a alborada dun día destinado a lembrar que seguimos sendo galegos e que erguémonos únicos no mundo entre moitos pobos únicos para dar o mellor do noso xenio.

Nado en San Pedro de Ferreiroa (Agolada), Raúl leva dende os anos 60 loitando pola música e o idioma galego a través do noso instrumento principal. Todo empezou tocando músicas populares como "Catro vellos mariñeiros". Despois, veu unha formación autodidacta que acabou sendo certificada e que lle permitíu formar parte de grupos como Cánticas da Terra. As obras son numerosas así como as actuacións que, máis alá da xeografía galega, abarcan cidades como Madrid ou países como Holanda.

Raúl tamén impartiu o seu saber na Universidade de Santiago de Compostela ou no CEFOCOP dirixido á formación de profesorado.

Máis alá de todo isto, Raúl é un persoa de un fondo compromiso social. Quizais, por iso, acáenlle ben estas Mans de Irimia, nelas van as súas propias mans ao igual que van as mans solidarias de todos os que levantaron esta terra con tanto xenio e esforzo.

Este ano tamén recibe as mans, a título póstumo, a pedagoga Antía Cal. Moito teñen en común Raúl e Antía: ambos dedicaron a súa vida ao ensino e, a través de el, intentaron sementar felicidade e benestar.

Polo tanto, as Mans de Irimia están nas mellores mans; quizais, na música de Raúl as pedras de Irimia alivien un pouco o seu purgatorio e aprendan dunha vez por todas a amarse a si mesmas para poder amar ao seu entorno.

Nesta XI Festa da Afirmación e Dignidade, resoará a música dun tempo novo, un tempo para amarse e transmitir as ledicias nubeiras de Raúl e o amor pedagóxico de Antía. Un día para coller forza e afirmar que temos o futuro na palma da man. So nos queda unir forzas...

Parabéns meu querido Raúl Galego e in memoriam sempre Antía Cal.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES