Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 20 de septiembre de 2023
No corno dunha rubia galega

Sen saber como, estou a cabalo no corno esquerdo dunha vaca rubia. En nunca tal me vira. Menos mal que a vaca é boa e de bo corazón. Unha rubia galega de campionato, ou polo menos de exposición.
Sei que saíra de paseo polas carrilleiras da aldea e que cruzara lameiros e valados. Nun chiscar de ollo vinme enriba do corno da vaca. Non sei como baixar. Logo, para máis aquel, a vaca non axuda; non monea a cabeza, nin creo que tope. Se aínda Pingas de Orballo pelexase con algunha das que andan á súa beira, ó mellor consigo saír voando, aínda que sexa cun trompazo. Pero a vaca é tranquila, cachazuda e ten pachorra veterana. Xa se ve que é vella e que xa pisou moito lameiro e arou moitos regos.
Asubío por alguén para que me axude a baixar. Nin unha alma no lameiro! Vese que deixaron o gando alí de mañá cedo e sabe Deus cando virán buscalo. Agora non é coma antes. Antes ían para os montes polas mañás e volvían polas tardes. Agora algunhas incluso botan días sen pisar unha corte.
Ármome de paciencia e espero. Na espera contemplo ós saltóns choutando de herba en herba e ás lavandeiras aproveitándose de toda a bicharada que escapa dos bocados das vacas. De cando en vez dáseme por cantar e unhas cantas vacas erguen as súas testas. Nótase que lles gusta a miña voz. E iso que non sei cantar! As pobres estarán cansas dos piares dos paxaros. Nun alustro de intelixencia, fálolle ó oído á rubia galega e, esta, con elegancia, pega un meneo de cabeza que me manda a uns metros de distancia, san e a salvo. Xa baixei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES