Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 19 de septiembre de 2023
Cando me poño...

Como cansei de estar cansado, non queda outra que moverme. Movo trinta centímetros xustos o pé esquerdo. Non, non estou paralítico, nin tollido nin nada que se lle asemelle. Simplemente que as miñas ansias non van máis alá deses centímetros. Ou sexa, que a nugalla é grande.
Nin a galbana, nin as ansias, nin as impotencias son quen de vencerme. Co pé dereito Pingas de Orballo xa cheguei ó medio metro. Aquí xa caín na conta de que podía andar coma unha persoa normal, que xa podía camiñar e moverme coma case sempre. O case débese a que sempre presumo de que ando moi acelerado, practicamente á velocidade, non da luz, pero si de Álvaro Martín, ese xenio da marcha. Todo se andará, todo chegará.
Non tardou en chegar a miña aceleración. Porque, eu, cando me poño, póñome. Dos centímetros pasei ós metros e destes xa me perdín na conta dos quilómetros que levo. Vou tan acelerado que, sinceramente, non sei moi ben por onde paso nin por onde ando. Si, síntome completamente perdido.
Agora mesmo desexo de corazón que a preguiza se apodere de min outra vez, porque, se hai pouco que me cansara de estar cansado, agora cansei de andar acelerado. Noto xa como me tremen as pernas. Por vinganza, non me deteño de golpe. Mellor facer á inversa o que fixen ó principio: dos quilómetros ós metros e dos metros ós centímetros, para quedar ó final ago así coma tollido ou paralítico ou impedido.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES