Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de septiembre de 2023
Forza de vontade

Teño a forza de vontade dun cabalo ou máis paciencia aínda que o Job ese dos tempos antergos, dos tempos bíblicos. O 27 de xullo de 1976, o mesmo día que esculpín o escudo do Real Madrid nun penedo de Barricobos, optei por presentarme todas as madrugadas, ás tres, e sentar nese penedo durante media hora, ata que se me presentase o lobo, polo menos a dous metros de distancia. Levo 47 anos con esa espera, con esa rutina.
Pingas de Orballo Todas as noites, antes de deitarme, poño a alarma para as dúas e media, para poder estar sentadiño xusto ás tres, nin un minuto arriba nin un minuto abaixo. Tamén é verdade que, ás tres e media en punto, ergo do penedo. A miña forza de vontade foi e é tan grande que, en momentos claves da miña vida, nunca deixei de asistir ó encontro. O encontro co lobo, claro. E nada. O maldito coma se me presentira, coma se me cheirara. Seguro que me cheira.
Nesas noites de lúa vella, nesas nas que a claridade é tan grande que, por momentos, se ve coma se fora de día, alcanzo a ver algún lobo na distancia, pero nunca ningún se achegou nin a dez metros. E iso que ouleo coma eles, intento poñer postura deles e deitarme coma eles, pero nada.
Non cansarei. A miña forza de vontade segue e seguirá. Todas as noites. Ás tres. Nese penedo. Coma se pasan outros 47 anos máis. Malo será que en algunha madrugada non se presente o licántropo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES