Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A científica Aurora Sampedro Piñeiro

lunes, 18 de septiembre de 2023
Aurora naceu o día 15 de xaneiro de 1913 en San Pedro de Benquerencia, concello de Barreiros (Lugo), era filla de Francisco Sampedro Fuente, natural de Villalibre de Somoza, concello de Luyego (León) e de María Antonia Piñeiro Moreda, de San Pedro A científica Aurora Sampedro Piñeirode Benquerencia. Faleceu en Barreiros, a consecuencia dun accidente de automóbil, o día 23 de setembro de 1996.
Muller moi traballadora, rigorosa, comprometida, segura, ética, disciplinada, intelixente, humilde, orientada a resultados, tanto a corto, como a medio e a longo prazo. Na súa historia de vida encontramos con frecuencia o establecemento de metas retadoras. Adiantada ao seu tempo, rompeu paradigmas e abriu novos camiños no campo da investigación, que contribuíron ao avance da ciencia e á liberdade, respecto e empoderamento da muller.
Estudante exemplar e valente, desprazouse a Madrid no ano 1930, viviu na residencia de estudantes, alí completou os dous anos do bacharelato universitario, rama de ciencias, para poder matricularse en químicas. Carreira que cursou na Universidade Complutense desde 1932 ata 1936. Durante o tempo que durou a Guerra Civil, (1936-1939), tivo que interromper os estudos. Finalizou a carreira na Universidade de Oviedo en xullo do ano 1941, coa cualificación de sobresaliente.
Os estudos de doutorado, tamén os realizou na Universidade Complutense, conseguiu o título de Doutora en Ciencias (Sección de Químicas) o 16 de febreiro de 1948. Aurora, investigou sobre os "Oligoelementos en alimentos españoles de orixe animal", no Instituto Español de Fisioloxía y Bioquímica, "Antonio de Gregorio Rocasolano", do CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
As súas investigacións aportaron valor ao estudo dos oligoelementos, minerais de orixe animal: calcio, ferro, magnesio, potasio e zinc, todos eles, indispensables no noso organismo para o seu funcionamento equilibrado e harmónico. A partir dos anos cincuenta do século pasado, a investigación científica sobre os oligoelementos de orixe animal centrou o interese de numerosos científicos e laboratorios, de aí a proliferación de suplementos alimenticios de venta en farmacias, para-farmacias, tendas de dietética e cadeas de alimentación, con diferentes compostos, formatos e marcas comerciais.
A comezos dos anos cincuenta do século pasado, a documentación máis antiga, que se conserva no arquivo familiar é de 1954, anque creemos que foi un ou dous anos antes, cando se incorporou por oposición, como doutora en ciencias químicas, ao laboratorio central de Renfe, a categoría profesional que aparece nos últimos documentos é a de Subxefa de División. Toda a súa traxectoria laboral, excepto períodos cortos de tempo nos que se dedicou ao o ensino en Boal, Vegadeo e Madrid, estivo vinculada a Renfe ata a súa xubilación. Temos documentada a súa asistencia a numerosos congresos internacionais de química.
 Foi bolseira da Fundación March no ano 1961, de ese período de investigación, temos coñecemento de catro publicacións: Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. I. Determinación de impurezas; Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. II. Determinación de menores constituyentes y Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas.

Publicacións científicas:
- Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal. Sección de bioquímica del Instituto Español de Fisiología y Bioquímica e Instituto de Gregorio Rocasolano. Revista Española de Fisiología, T. IV, número 3, Octubre 1948.
- Valoración espectroquímica de aleaciones de antifricción. Revista de Ciencia aplicada. Patronato de Investigación Científica y Técnica "Juan de la Cierva" CSIC. Número 56, mayo-junio 1957.
- Análisis espectroquímico del antimonio para concentraciones 0,3-15% en las aleaciones binarias de plomo. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica, "Esteban Terradas", e Instituto de Química Física, "A. de G. Rocasolano". Madrid. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, Serie B-Química. Tomo LVI, pág. 289, número 3, marzo 1960.
- Influencia del historial mecánico y térmico de las aleaciones plomo-antimonio en la emisión espectral. Instituto Nacional de técnica Aeronáutica "Esteban Terradas" e Instituto Química Física del C. S de I.C. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B- Química, Tomo LVII, número 1, enero 1961.
- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de impurezas. Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto, “A. de G. Rocasolano”. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, Serie B-Química. Tomo LIX (B). pág. 415. número 6, junio 1963.
- Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas. "Revista de Ciencia aplicada". Patronato de Investigación Científica y Técnica "Juan de la Cierva" CSIC. Número 99, julio-agosto 1964.
- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de menores constituyentes Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto "Rocasolano". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, 26 de noviembre de 1966.
- Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de mayo de 1969.
- Determinación espectroquímica del titanio en los aceros inoxidables. Revista de Metalurgia (Madrid), 11(1), 13–18, 1975.
- Determinación espectroquímica del hierro en aleaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión. Revista de Metalurgia (Madrid), 13(4), 226–231, 1977.
A obra científica de Aurora, intuímos que é máis ampla, a ben seguro, que irán aparecendo novos artigos, nese sentido, estamos a espera de documentación do Instituto Español de Fisiología y Bioquímica Antonio de Gregorio Rocasolano; do Patronato de Investigación Técnica Juan de la Cierva; do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica Esteban Terradas e do Laboratorio Central de Renfe.
Por as súas aportacións á ciencia nos campos da nutrición e da automoción, no ano 1977 a Real Academia de Doutores nomeouna Correspondente de Ciencias Experimentais.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES