Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos así

lunes, 11 de septiembre de 2023
Somos as Hai moitos anos, cando seguía un programa radiofónico do crítico cinematográfico Carlos Pumares, este comentou que, unha vez, en Estados Unidos ou en Inglaterra, xa non recordo ben, alguén quixo crear un periódico no que só se publicasen noticias optimistas, alegres, felices, boas... Un fracaso! Non tardou en pechar. Ó ser humano sempre lle gustou o morbo. E non só o morbo, mesmo penso que a maldade. Xa sabedes que máis dunha vez teño confesado que levamos o demo dentro. Certo que hai noticias que os xornais acollen como auga de maio, pero tamén é verdade que é precisamente porque somos así de retorcidos.

Vén todo iso á palestra porque, facendo un pequeno resumo da semana que nos acaba de deixar, practicamente todas as novas interesantes, as máis machaconas están relacionadas con ese demo interior, con esa maldade que nos asoma demasiado a miúdo. Seguimos dálle que dálle ó asunto dese tipiño que queremos converter en heroe logo de despezar a un home, a unha persoa. Si, a ese Daniel Sancho do que nos empezamos a compadecer del. Seguimos dálle que tumba con ese outro tipiño que, a causa dun "piquiño", vese agora, e con razón, na palestra dos condenados. Tamén xa hai moitos, moitos anos que falei das mafias existentes nas federacións de fútbol. E se hai esa mafia nas rexionais, imaxinade na española. É certo que con uns e con outros, os políticos, os gobernantes fixeron un coma quen non oe e un coma quen non ve ante as falcatruadas deses tipiños que pensan que son os donos do fútbol e do que non é o fútbol.

Menos mal que, agora, ante o berro da sociedade intentan cambiar as tornas e condenar sen paliativos a ese Rubiales impresentable. Pero, vedes, sempre ten que ser a sociedade a que se erga, a que berre, a que denuncie, porque os políticos están para o que están. E sabemos moi ben para o que están.

Novas malas tamén foron os desastres e calamidades da dana e, onte mesmo, o terremoto de Marrocos. Ata a un servidor lle saíron as contas furadas: que é o primeiro ano da miña vida que estando preto do santuario dos Milagres, por circunstancias, non puiden asistir ningún día ás novenas. Isto doeume e aínda me doe. Ó final será verdade que nos días, nas semanas lembraremos máis as crónicas negras que as boas, as alegres. Somos así e, os xornais, con razón, remarcan, recalcan que somos así.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES