Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xurxo Souto e Suso Fernández: Premios Manuel María 2023

lunes, 11 de septiembre de 2023
O pasado día 8 de setembro, foi un día de gozo nas terras de Outeiro de Rei, xornada entrañable, na que abrazados físicamente por os ríos Ladra e Miño e espiritualmente por Manuel María, xuntámonos para compartir o agasallo da Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos, "A navalla de Manuel María", ao músico, profesor e comunicador Xurxo Souto e ao libreiro Suso Fernández, (in memoriam).

O acto estivo dividido en catroespazos, cos seus rituais, modos e tempos, sen interromperse, nin solaparse, de forma sutil, foise tecendo un nós colectivo, que a través da palabra, da música e dos silencios modelou un escenario máxico, que a modo de ritual colectivo, todos nos sentimos protagonistas e agasallados.

O punto de encontro e acollida foi no restaurante "Río Ladra", antiga taberna de pescadores, reconvertida en casa rural e restaurante familiar, que conserva as raíces da nosa cociña tradicional. No seu comedor amplo, sobrio e acolledor, saboreamos os produtos da terra, cociñados con esmero e servidos con prontitude e familiaridade.

A segunda parada foi Penas de Rodas, considerado lugar sagrado, que semella tentar o desafío, ao tempo de gardar o equilibrio da gravidade, evitando rolar pola pendente que comeza aos seus pes.

A música e a poesía foron o centro dese escenario. Envolvidos por unha atmosfera cálida, agarimosa e cargada de enerxías positivas, cas lembranzas de Manuel María e a pegada do poema Penas de Rodas vixiando e protexendo ese santuario megalítico e aos seus solsticios, renovamos a devoción por ese espazo máxico e sorprendente.

A terceira parada foi o camposanto de Outeiro de Rei, ca ofrenda floral a Manuel María por os seus familiares mais directos: rosas vermellas e margaridas para lembrar, a un dos nosos, grande entre os grandes, que tanto amou a súa terra, a súa cultura e as súas xentes, quen tanto informou e describiu con tan poucas palabras a súa terra benquerida:
A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Manuel María (1989) : Terra Cha. (Vigo: Edición Xerais de Galicia)

A cuarta parada foi no campo de Santa Isabel, lugar de rituais, onde o Miño e o Ladra, deciden xuntarse e comezar ese itinerario enriquecedor por terras galegas e portuguesas, regando os seus vales e bendicindo as súas colleitas ata confluír co océano Atlántico.

Xurxo e na representación de Suso, falecido en agosto do ano pasado, a súa filla Cielo Fernández, recibirono agasallo da Navalla de Manuel María, que a ben seguro marcará un fito na súas historias de vida e será un dos legados máis apreciados.

Sentímonos agradecidos e orgullosos da Irmandade Manuel María e da Asociación Cultural Xermolos, por este traballo tan ben feito e tan continuado. A seguir así por moitos anos.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES