Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXI Premio Plácido Castro de Tradución

lunes, 11 de septiembre de 2023
XXI Premio Plcido Castro de Traducin
Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández, gañadores do Premio Plácido Castro
de Tradución na súa vixésimo primeira edición

As obras premiadas son unha tradución da obra The Year of Magical Thinking, de Joan Didion e o clásico Código de Hammurabi, obra fundamental na historia da humanidade

Reuniuse o 7 de setembro en Cambados o xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por D.ª Ánxela Gracián (Xunta de Galicia), Dª. Beatriz Fariñas (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), Dª. Andrea F. Maneiro (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Dª. Ana Luna Alonso (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), D. Xosé Antón Palacio Sánchez (Real Academia Galega), D. Xulio Ríos (Presidente de Honra do IGADI), quen actúa en calidade de secretario do xurado en representación da Fundación Plácido Castro, con voz pero sen voto.

Tras avaliar as obras presentadas, o xurado acordou outorgar ex aequo o premio Plácido Castro 2022 á tradutora Eva Almazán pola obra O ano do pensamento máxico/The Year of Magical Thinking, de Joan Didion; e a Xosé Antón Parada Fernández, pola obra Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica.

No caso de Eva Almazán, o xurado destaca a excelencia da obra, de aparencia sinxela pero coa dificultade engadida dos diferentes cambios de rexistro. Salienta tamén a elegancia da tradución, por outra banda tan efectiva como a orixinal.

No caso de Xosé Antón Parada Fernández, destaca a excepcionalidade e dificultade da tradución directa dende unha lingua tan afastada do noso sistema como o acadio, realizada con enorme meticulosidade e numerosas anotacións complementarias. Resalta tamén que se trata dunha obra fundamental na historia da humanidade.

AUTORES E OBRAS
Eva Almazán é unha tradutora consolidada que conta no seu haber con numerosos premios e recoñecementos. Ten traducido a autores como Paul Auster, James Joyce, ou Edgar Allan Poe, entre outros.

En O ano do pensamento máxico, Joan Didion explora unha experiencia persoal e á vez universal: o retrato dunha vida xuntos que remata bruscamente, os bos e malos momentos do matrimonio e da maternidade, capaces de conmover a calquera que amou a un cónxuxe ou a un fillo.

Polo que respecta a Xosé Antón Parada Fernández, profesor de ensino secundario e xefe de departamento no IES Pobra do Caramiñal, é unha das moi contadas persoas capaz de traducir directamente do acadio. O Código de Hammurabi foi un conxunto de 282 leis inscritas nunha pedra polo rei babilónico Hammurabi (r. 1795-1750 a. n.e.), quen conquistou e despois reinou na antiga Mesopotamia. Aínda que este código legal non foi o primeiro, foi o máis claramente definido e influíu nas leis doutras culturas.
O Premio Plácido Castro de Tradución está dotado con diploma e unha peza escultórica denominada "Babeli" deseñada expresamente para o concurso por Xaquín Chaves. A dotación económica é de 2.000 euros.

Este Premio tense consagrado como un referente no sistema literario galego. Na nómina de premiados en edicións anteriores figuran persoeiros como Lois Tobío, Xela Arias, Anxela Gracián, María Reimóndez, Camiño Noia, Mona Imai, Isabel Soto, Antía Veres ou María Alonso Seisdedos.

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o próximo 29 de setembro, véspera do Día Internacional da Tradución, no concello de Corcubión.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES