Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de empezar

miércoles, 13 de septiembre de 2023
É curioso como un novo curso empeza para todos (docentes e alumnado) non en tanto non se vive igual dende as dúas marxes do río. Como alumno vivías aquela ilusión de ver os programas e pensar que depararían. Despois, as expectativas chocaban coa realidade pero íase virando da mellor maneira posible.

Como docente, un pensa nas mellores maneiras de chegar ao alumnado e ten a vertixe de cavilar en se aquelo que foi ben servirá ou se sería mellor darlle unha volta. De calquera xeito, o espazo educativo é un espazo de aprendizaxe mutua no que cómpre deixarse levar. Quizais sexa este o gran reto docente: pensar que porcentaxe hai que levar ben planificado e que porcentaxe hai que deixar a como transcorra a sesión. En todo caso, estes primeiros días é tempo de coñecerse e de axustarse para dar o mellor na construción dunha relación frutífera. Aproveitemos, sobre todo, para sementar actitude porque a aptitude vén obrigada polos respectivos programas pero non é o mesmo adquirila dun xeito que doutro e aí é onde cada docente e cada estudante marcan a diferenza aproveitando o coñecemento dunha determinada maneira.

Polo tanto, o importante é forxar relación, ver o mellor xeito de chegar a ti, a cada persoa e construír un espazo que permita o desenvolvemento e expresión de todas as ideas que poidan contribuír a un coñecemento mutuo.

O diálogo é o elemento esencial da educación e da transmisión de coñecemento. Por iso, nestes días previos a coñecer ao alumnado, un tamén pensa en todo o que quixera aprender...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES