Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No ecuador das novenas

lunes, 04 de septiembre de 2023
Dicir Os Milagres é dicir as novenas. Para un servidor tamén é dicir colexio, dicir estudos, dicir infancia e dicir xuventude. Pero, si, hoxe toca falar tan só das novenas. No ecuador das novenasEstamos xusto no ecuador delas. Empezaron o 30 e nestes cinco días as estradas da contorna foron un ir e vir de peregrinos, andando e en coche, para cumprir cunha tradición... relixiosa, social ou, simplemente, tradición. Onte, por ser domingo, o bulicio de xente foi constante. Os domingos das novenas xa case ou sen case son os días nos que máis xente se achega ó santuario do Medo, en Baños de Molgas, máis incluso que no Rosario das Antorchas e que no propio Día 8.

Máis xente ós domingos, si, pero máis bonitos e máis impresionantes os dous últimos días: o día 7 por ese rosario e o día 8 por ser o propio día da Virxe e polo remate das novenas.

Aínda que para todos os habitantes da contorna hai tamén outro día especial: o do Rosario da Aurora. Ese no que, por días, unha ou algunhas parroquias saen de mañanciña en peregrinación ó santuario, co cura rezando o rosario e, cos veciños, algúns, facendo que o rezan.

No ecuador das novenasO día 7 foi, é e será sempre a noite máis espectacular e marabillosa de todo o evento relixioso. Empezará o rosario ás 11 da noite e coa Virxe en procesión pola explanada. A fermosura chegará cos milleiros de velas e cirios acendidos na noite. En cada misterio sempre hai un momento no que os frades pedirán que se ergan, que se alcen as velas ó ceo molgués para que o espectáculo sexa aínda máis brillante, máis resplandecente. Rematado o rosario, como non, chegarán os foguetes ou fogos artificiais que, ó ser de luces, farán que as exclamacións saian de boca en boca.

O día 8, o día da Virxe, esta volverá dar unha voltiña pola explanada e as velas (aínda que as haberá) substituiranse polos panos brancos que, tamén, cada pouco, os frades mandarán erguer e bambear para que a devoción baile relixiosamente sobre uns sentimentos que, si, para uns serán máis fortes que para outros, pero que, cada un, cada quen, á súa maneira, sentirá, notará un algo que o emociona. Son momentos nos que, aínda que non se crea moito, aflixen e emocionan. Quedan cinco días, dos que, os dous últimos, son os máis importantes. Aproveitémolos. Aproveitádeos. Paga a pena.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES