Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xurxo Souto

miércoles, 06 de septiembre de 2023
Este ano a navalla de Manuel María recae nun gaiteiro, un Diplomático de Montealto que coa súa voz e o seu ánimo move o mundo. Polo menos, este mundo que mira ao mar hai máis de 2000 anos alumado pola Torre. Montealto é un sitio distinto, un avesío de cultura onde resiste o idioma nun berro infindo que promoven Xurxo Souto e Manolo Rivas.

Na voz de Xurxo agromaron mil utopías na ledicia de ser nós mesmos. Por iso, nunha parte de Coruña, de Galicia e de Nós non se entende sen a forza mobilizadora deste home. Dende Coruña, fomos a Terra Chá en mil lúas de outono onde Xurxo cantou para Saleta aquelo de "Somos a Terra Chá". A fin do mundo érguese na voz deste home que é capaz de instaurar un xeito ledo de erguer a diferencia. Quizais, por xente coma Xurxo moita mocidade se achega a ateigar festivais como Pardiñas, que son moito máis que música porque son a arte máis pura de Galicia.

A navalla de Xurxo partirá un pan de cultura e verbas que se espallará por unha Galicia ilimitada que aperta a Portugal nos brazos do pai Miño. Unha navalla chea de vida que desprende as máis solidarias emocións. Ben seguro percorrerá o país e parte do estranxeiro procurando un sustento feliz aos "obreiros de pan en pano" de Novoneyra. Por iso, é unha ledicia asistir o día 8 de setembro á entrega dunha navalla na que imos todos e todas nunha irmandade forxada entre poemas e pentagramas. Parabéns e sempre.
Xurxo Souto, Gaiteiro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES