Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de septiembre de 2023
A preguiza

Deixei caer a preguiza sobre unha das cadeiras da terraza. Contemplei o camiño que non existe. Os aloumiños do tempo que foi quedan niso, en aloumiños. A memoria é tan efémera que recorda o que lle convén. E cando lle convén. É igual, entre as silvas Pingas de Orballo e toxos que non existen queda o baleiro. Ese baleiro que produce nugalla, galbana e mesmo impotencia.
Non obstante, a soidade da manta que bambea colgada sobre o arame de espiño, fai que seque a conciencia da rula que acouga ó lado. Agora, cada quen que pense ou opine se os paxaros ten conciencia. O café baixa amodiño pola gorxa das ideas que están por saír. Semella que rubrico con caxatos de sabugueiro, pero con estes tan só asubío o poema que está por escribir.
A preguiza empeza a adaptarse ó que eu digo, que sei que é pouca cousa, e estraña, e rara, e esperpéntica, e lunática, e inverosímil, e insubstancial, pero será o que eu digo. Sempre será o que eu opino. Como ver que a sombra se ensancha e a Perla Negra navega pola estrada, pola rúa. Os soños, ás veces, semellan pesadelos, pero, aínda así, son soños. O de soñar bonito queda para outra ocasión.
Na preguiza tamén noto un ruxerruxe que baila por entre as asaduras da miña señardade. Ou na miña vida; na que sempre hai máis ruídos que silencios, máis idas que voltas, máis pros que contras. Agora, cada quen que baile un chotis sobre a cor da miña alucinación. Porque sempre haberá alguén que dirá que alucino en cores. A preguiza senta, branca ou negra, sobre a cadeira da miña existencia. A que é miña. A que non é de ninguén máis. A preguiza é libre... na miña cabeza. E tamén escrava... no tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES