Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito mellor nos iría

jueves, 07 de septiembre de 2023
Non sei moi ben por qué.
O que si sei é que somos moi atrevidos á hora de emitir xuízos.
Tanto dá se coñecemos as causas como se non.
O de xulgar, témolo moi presente.
Din que a ignoracia é moi atrevida.
¿Será por ignorancia?
NESE CASO: MOI IGNORANTES SOMOS.
AÍNDA QUE SEXAMOS MOI IGNORANTES, NON DEBEMOS ESQUECER QUE A IGNORACIA NON EXIME DO DELITO.
A NOSA LINGUA TEN UN PODER ENORME PORQUE ESTÁ DIRECTAMENTE RELACIONADA CO CORAZÓN.
Se unha persoa ten o corazón limpo: o que saia pola súa boca sempre será para favorecer o benestar das persoas.
Por esa razón haia persoan que sempre falan de comprensión, de amor, de facer ben sen mirar a quen, de non criticar, de non xulgar...
EXISTEN PERSOAS QUE SABEN "ENVOLVER" O QUE DIN CON PAPEL DE MISERICORDIA, DE PERDÓN, DE COMPRENSIÓN, DE BONDADE SEN LÍMITES.
Ese tipo de persoas saben aceptar as diferenzas sen deixar de ser quen elas son.
Ese tipo de persoas calan os defectos dos outros porque saben que non favorecerían en nada a situación.
ESE TIPO DE PERSOAS FALAN CO BO EXEMPLO E CO SILENCIO EN MOITAS OCASIÓNS.
Estando caladiñas, están ó tanto de todo.
Moitas veces o seu silencio fala a voces.
Só hai que escoitalo.
Escoitar o silencio non debe ser cousa doada porque nos gusta moito falar, criticar, amañar o mundo...
Nestes tempos que vivimos parece que o que non fala é porque non sabe nada ou porque é mudo.
Pois non.
MOITAS PERSOAS FANSE VOLUNTARIAMENTE MUDAS PORQUE É O MELLOR QUE PODEN FACER.
Din que dous non reñen, se un non quere; pero como vivimos nuns tempos nos que está de moda debatir...
Pois debatimos.
Debatimos e falamos de cousas que sabemos certamente, doutras que as sabemos a medias e doutras que non sabemos nada; pero inventámolas para aprenntar que sabemos.
E TODO ESO CIRCULA LIBREMENTE POLO MUNDO ADIANTE E CADAQUÉN TEN QUE DISCERNIR A VER ONDE ESTÁ A VERDADE.
É certo que temos máis información que nunca.
Algo que se considera moi aconsellable nun país que se atopa entre os países en desenvolvemento máis adiantado para os tempos que corren.
Pois si.
Desenvolvémonos mellor que nunca á hora de andar polo mundo, sabemos máis idiomas que nunca, visitamos máis países que nunca; pero non sempre dámos os pasos acertados.
De feito: coñecemos moito mundo e non coñecemos o noso entorno, coñecemos moitas biografías máis ou menos importantes e non nos coñecemos a nós mesmos.
Moitas veces "poñemos traxes á nosa medida" a persoas que teñen moita relevancia social e querendo ou sen querer, estamos faltando ó respecto á comunidade que representan.
XULGAMOS DEMASIADO.
¿CÓMO O FARÍAMOS NÓS ESTIVERAMOS NO SEU LUGAR?
Facemos noso aquel dito que di: "cuando el río suena, agua lleva": É certo que o río sona cando leva auga; pero no caso das murmuracións e os xuízos as augas poden ser puras, turbias ou revoltas.
Deberíamos ter moito coidadiño co que dicimos.
Cando eu era nena dicíase que a prudencia era a nai da ciencia.
Hoxe en día a ciencia avanzou moito; pero a ciencia aínda non está ó alcance de todos.
Así que a prudencia pode servirnos para evitar males maiores.
"EVITANDO MALES MAIORES".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES