Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mundial sen mácula

miércoles, 30 de agosto de 2023
Non sendo eu nada de fútbol, hei de recoñecer que me pareceu toda unha xesta o que fixo a selección feminina española ao gañar o Mundial. Non entendo porque non tivo a mesma repercusión que o mundial da selección masculina cando o traballo e o esforzo é, obxectivamente, moi superior ao contar con menos apoio, menos promoción e, consecuentemente, menos salario polo mesmo traballo e polo mesmo logro.

Por todo isto, deberíamos estar celebrando un feito histórico importante. En troques, vese eclipsado por un abuso sexual e unha falta de respecto total e absoluta, inadmisible, levada a cabo por un gañán que se cre por riba do ben e do mal por representar á máis alta institución do deporte "nacional". Desexo que teña o que se merece porque no mundo deportivo, como na vida en xeral, sobra moito esterco, xa que non hai leira para tanta merda.

Necesitamos instaurar deontoloxías profesionais que consideren obvio que respecto aos demais é, sobre todo, ao corpo alleo está por riba de todo e que ningunha euforia xustifica pasar esa barreira. Tamén necesitamos que o feito de que un home desenvolva unha determinada profesión, non o sitúe por riba do ben e do mal. Polo tanto, necesitamos que os actos que a sociedade non acepta teñan consecuencias e quen realice estes actos apande con elas...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES