Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 30 de agosto de 2023
Quen torna o frío, torna a calor

Quen torna o frío, torna a calor, dicía sempre meu pai en referencia a un pobre home que andaba por toda a contorna cun abrigo ó lombo durante todo o ano. Sempre co mesmo abrigo. Nevase ou abrasase. Cando lle dicían algo, botábase a rir. Chamábase Efrén, O Perdido.
Eu, como son curioso por natureza, ou por timidez, ou porque me dá a gana, quixen probar a ver se era Pingas de Orballo verdade. Na palleira levaba anos colgado un abrigo que ata penso que era de la de ovella. Polo menos pesaba o demo. Pensei que, malo sería que, entre a la e o po que estaría acumulado nesa, non abrigase como debería.
A primeira vez que o puxen era maio. Agradecíase; principalmente polas mañás e polas noitiñas. Para adaptarme, para axustarme ben á realidade do pobre home, mesmo durmía con el. Co abrigo, digo. E tampouco me sobraba. O dito, o proverbio, o refrán estaba a ser certo: quen torna o frío, torna a calor. Porque, polo día, cando saía o sol, notaba que, si, suaba un pouco, pero non me queimaba.
Aguantei ben todo o mes de xuño. No xullo xa tal suor semellaba unha fonte, pero seguía sen queimarme. Fixen máis probas: un día que estabamos a 42 graos (polo menos) botei, non unha manta, senón un edredón por enriba. Era unha lagoa de suor! Emporiso, tornaba o sol. Non me quedou outra que achegarme deica O Perdido, chocarlle a man e marchar, os dous, collidos do brazo ou ganchete por todo o concello explicándolle moi seriamente á xente que quen torna o frío, torna a calor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES