Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

lunes, 28 de agosto de 2023
Ler entre liñas

Estou lendo un libro de 900 páxinas do que non me decato, do que non pillo nada. Porque me dixeron que había que ler entre liñas. Entre liñas vexo todo branco. Por moito que esforzo os ollos, non vexo nada de nada; só se me vai a vista ás liñas escritas. Mesmo pensei neses contos baratos nos que se buscan tesouros, nos que, o artistiña ou artistiñas sempre atopan algo. Eu vexo todo branco.
Por veces, venme así coma unha luz e avanzo unhas cantas páxinas. Por se aquel. Por se Pingas de Orballo efectivamente ocorre algo coma nos contos baratos. Mais a brancura segue a imperar por entre as liñas. Primeiro, avanzo de cinco en cinco páxinas; logo, de dez en dez; para rematar cos múltiplos de seis. Nada.
Case me dan ganas de buscar ó que me dixo o de ler entre liñas. Para cantarlle as corenta, ou retalo a que me ensine, a que lea el, aínda que só sexa unha páxina, e así collerlle eu o tranganillo, o xeito. Como non quero quedar de paspán, sigo dálle que dálle ó asunto. Empezo a saltar páxinas ás toas. Nada. Empezo polo final. Menos aínda. E tanto polo principio como polo final, uso múltiplos de varios números e, como diría Julio Iglesias: a vida segue igual.
Cando a carraxe xa me obnubila as asaduras, o raciocinio, pecho o libro con tanta forza que, o estouro, semella todo unha derruba literaria. Definitivamente vou na procura do listo que me dixo que lera entre liñas. Non me gusta que me coman a boroa. Non obstante, antes, e á velocidade da punta do dedo do medio, ou sexa, o pai de todos, paso de novo todas as páxinas. Por se acaso. Nada. Nin unha maldita palabra, nin tan sequera letra, entre liñas. Entre liñas todo é branco. Marcho buscar ó listo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES