Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 25 de agosto de 2023
Rumiar penitencias

Quixen tinguir o río Arnoia de azul cando, o pobre, xa estaba de verde. Alguén, de noite, esmagou follas de loureiro na presa do Trono, alá polas Lamas. Agora, na presa do Muíño, todo era verde que te quero verde. Tiven que tirar no contedor o bote de 20 quilos de pintura de cor azul, que mercara na tenda do señor Jacinto, O Cubano.
Pingas de Orballo Quixen construír unha pasarela á altura da Pillamadoira e cando a quixen medir optei por deixar estar o asunto. Un pouco máis arriba estaba a ponte vella e, entón, para que. Para que construír algo que ninguén, ou practicamente ninguén, usaría. Ás veces quero avanzar de tal maneira, que me perdo.
Iso mesmo me trouxo outra idea á cabeza: a de cruzar o río Arnoia a nado. E cando estaba a buscar o lugar apropiado entre a ponte vella e a pasarela do Muíño, pensei que para que mollarme por completo cando, por debaixo da pasarela, podía cruzar goldrando, e así, como moito, só me mollaba ata os xeonllos.
Todos eses casos danme a entender que quero facer máis do necesario, que quero cantar cando chega con asubiar, que quero correr cando podo andar a modiño, que quero ir de listo cando a realidade é moito máis sinxela. Todo está aí. Simplemente hai que saber usalo, saber optar polo útil, polo máis necesario, o máis simple e nun facer unha feira nun toural que non existe.
Quixen emular ós deuses, anxos e arcanxos cando son un pobre pecador que bastante teño cun rumiar penitencias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES