Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 24 de agosto de 2023
O caxato do temoeiro

Substituín un dente por un caxato do temoeiro. Semellaba unha morsa. Fun mirar ó espello e non me coñecía. Isto recórdame a meu pai cando só lle quedaba un dente. Era enorme. No maxilar de abaixo. Cando botaba a rir estaba, para máis, gracioso. O mellor de todo era que ese único dente non o usaba para comer. Éralle demasiado grande e, ademais, para que? A el chegáballe coas enxivas. Seguro que as tiña máis Pingas de Orballo que encalecidas. Porque, iso si, comía de todo, mesmo as codias de pan ben duras. Leváballe tempo pero era como unha trituradora: e dálle, e dálle, e dálle.
O caxato do temoeiro collino deste mesmo aparello, que aínda estaba colgado na palleira desde mediados dos anos oitenta do século pasado. Cando o metín no oco do dente incluso lle notei un certo sabor e un bo cheiro a salgueiro. Facía algo así como media curva, e de aí que semellase unha morsa.
Algo besta son. A proba é que cando me poño a falar con "gente bien" intento disimular o caxato, é dicir, intento escondelo poñendo a man por diante. Coma quen que estou sacando algunha febra de touciño cun escarvadentes. Un escarvadentes inexistente, claro. Menos mal que case non me relaciono con esa xente. Eu son doutra clase social. Ui, si, aínda hai algo de distinción, ou sexa, bastante diferenza.
Tamén é verdade que, ás veces, só que sexa por amolalos un pouco, ó falar con eles, fágoo cun sorriso aberto para que vexan ben o meu caxato do temoeiro. Non primeiro momento bótanse para atrás, e non tardan en querer despedirse.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES