Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día da Galicia mártir

miércoles, 23 de agosto de 2023
No Día da Galicia mártir e espertamos cunha nova ausencia no corazón, a que deixa o poeta de Monforte Xosé Antón Fernández Abella. Home de voz rexa e de corazón humilde. Dos que sempre levaron nunha man a fouce e noutra man a oliva. Intolerante coas inxustizas e azoute do poder que se desfacía en tenrura onde a necesidade se facía carne. Alí habitaba cada verso de Abella que, na súa voz, soaba a máis bela das No Día da Galicia mártirrevolucións, anegaba todo e Outeiro era por el o latexo máis grande de Galicia.

Sempre palabras de amor, sempre ánimo, sempre bogando da utopía que por ti se fai verso.

Boa viaxe, meu amigo e saúda aos nosos nese ceo branco e azul que xa te acolle.

Con mans de lenzo e solidariedade
te reciban en vitorias obreiras.
Rexo poeta, vencido en dez mil xeiras,
vencedor será sempre en liberdade.

Abella mestre de verbas certeiras:
hoxe mil pombas de fraternidade
procuran, no teu verso, dignidade
que ti sementaches nas túas leiras.

Agora que te vas, amigo ledo,
escribo ceibe porque dáme a gana,
que grazas a ti sei vencer o medo

farei versos que dean na diana
para berrar o teu nome ben cedo
en libre alborada republicana.

Día da Galiza mártir, 2023.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES