Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (7)

martes, 12 de septiembre de 2023
9. Cruceiro da Capela de San Antón
Parroquia: Muras.
Lugar: O Coto.
Coordenadas U.T.M.: X: 607.909 Y: 4.816.554

Esta manifestación relixiosa está situada ao carón da ermida do San Antón. Hoxe Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (7)pertenece aos descendentes de Francisca Puentes Carballeira, que foi a dona que o mandou realizar. Posúe unha orientación Nw-Se. A nivel artístico, consta dunha serie de elementos claramente diferenciados e dispostos nunha orde ascendente da seguinte maneira:
Unha plataforma formada por dous chanzos superpostos: o inferior, de cachotería e de forma paralelepípeda; e o superior, granítico e, tamén, de forma paralelepípeda xa irregular polos desgastes. Esta serve de sostén a unha base monolítica, granítica, composta de dous tramos: o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, de forma troncopiramidal. Sobre a base érguese un fuste monolítico, de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto como resultado do rebaixe das arestas; a cara Nw., estivo ornamentada cos símbolos da paixón, do que só se conservan restos dunha espada e dunha escaleira de cinco banzos; o extremos superior das súas caras, agás a Se., presentan un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo dun rombo cun roel no centro e dous flanqueando os vértices superior e inferior. O fuste serve de soporte a un capitel de forma troncopiramidal invertida, ornado con volutas nos vértices superiores das arestas, cabezas de anxos coas ás nas caras, e unha ringleira de merlóns na parte inferior.
O cruceiro remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos mais coas arestas oitavadas no resto, mostrando tamén un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. O anverso da cruz amosa baixo unha cartela unha efixie de Cristo coas seguintes pecularidades: unha coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira; ademaís, a efixie cristolóxica mostra ao seu carón dereito a imaxe dun santiño, que ben puidera representar ao titular da capela (San Antón), vestido cun hábito e portando unha cruz. O reverso da cruz mostra unha advocación mariana da Virxe Dolorosa cunha cruz cravada no peito; está vestida cunha túnica e manto e mostra as súas mans cruzadas sobre o ventre.

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (7)10. Cruz da Paleira.
Parroquia: Muras.
Lugar: A Paleira.
Coordenadas U.T.M.: X: 606.574. Y: 4.814.449.

Esta manifestación relixiosa, de dominio público, está situada nunha área recreativa á beira da C-640 (km. 29), e próxima á intersección coa CP. 342. No se conxunto presenta unha serie de elementos artísticos que, nunha orde ascendente, están colocados da seguinte maneira:

Un plinto cuadrangular, de cachotería, sobre o que se apoia unha base monolítica, granítica, de forma paralelepípeda mais coas arestas superiores rebaixadas; nunha das caras -a do lado Sur- lese a inscrición do ano na que foi construída: "1837".

Sobre a base erguese unha cruz latina, monolítica, de considerables dimensión, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; ademaís, mostra tamén un tipo de cruz potenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. A cruz non presenta efixies.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES