Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (6)

martes, 05 de septiembre de 2023
7. Cruceiro do Alto da Gañidoira
Parroquia: Muras.
Lugar: Porto da Gañidoira.
Coordenadas U.T.M.: X: 606.572 Y: 4.816.602.
Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (6)
Esta manifestación popular, de dominio descoñecido, está situada na intersección da estrada C-640 (entre os kms. 26 e 27) cunha pista. Posúe unha orientación W-Leste. O seu conxunto amosa unha serie de elementos artísticos que, nunha orde ascendente, están colocados da seguinte maneira:

Unha plataforma formada por un chanzo de cachotería, que mostra unha forma paralelepípeda. Esta serve de sostén a unha base monolítica, granítica, e de forma troncopiramidal coas arestas superiores redondeadas. Sobre a base érguese un fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto; a súa cara W., está decorada co relevo dos símbolos da paixón na seguinte disposición descendente: tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de sete banzos; o extremo superior das catro caras presentan un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo de dous rombos concéntricos con dous roeis flanqueando os vértices superior e inferior. Sobre o fuste apoiase un capitel monolítico, de forma troncopiramidal invertida, que está ornamentado con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de anxos coas ás nas caras. Dende hai varios faltalle a cruz.

8. Cruceiro do Coto
Parroquia: Muras
Lugar: O coto
Coordenadas U.T.M.: X: 607.483 Y: 4.816.442.

Esta manifestación popular está colocada nunha encrucillada de pistas. Presenta unha orientación Sw-Ne. Este cruceiro mandouno construir Dª. Francisca Puentes Carballeira, que tamén interviú nos cruceiros da capela de San Antón; no que está situado preto desta capela; e no de Paraños. Actualmente, pertence aos seus herdeiros. No seu Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (6)conxunto cómpre facer alusión ás seguintes partes nunha orde ascendente:

Una plataforma granítica, fomada por dous chanzos superpostos: o inferior, granitico, e dunha forma paralelepípeda irregular polo deterioro que amosa; e o superior, de cachotería, e tendente a unha forma troncopiramidal. Esta, serve de soporte a unha base monolítica, granítica, composta de dous tramos: o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, troncopiramidal. A base prolóngase nun fuste monolítico, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; a súa cara SW., está decorada co relevo dos símbolos da paixón na seguinte disposición descendente: dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de sete banzos; o extremo superior das súas catro caras mostra un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo de dous rombos concéntricos con dous roeis flanqueando os vértices superior e inferior. Sobre o fuste apóiase un capitel de forma troncopiramidal invertida, que está ornamentada con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de querubíns nas caras coas súas ás moi pronunciadas.
O conxunto remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas achafranadas no resto; mostra ademaís un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. O anverso da cruz amosa, baixo unha cartela, unha imaxe cristolóxica, acompañada hai anos por dous santiños: un, xa desaparecido; e, ao outro faltalle a cabeza. A efixie de Cristo mostra os seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz, formando unha lixeira "V", mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo e as pernas; as súas mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira. O reverso mostra a imaxe dunha advocación mariana, vestida cunha túnica e manto e coas mans cruzadas sobre o ventre.
Con respecto a súa conservación, a plataforma e a base están deterioradas; o capitel. algo rachado; e as imaxes, que franqueaban ao Cristo, unha desapareceu; e a outra faltalle a cabeza.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES