Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 22 de agosto de 2023
O Kitt dos Castros

O coche que conduzo agora mesmo é un Opel Astra do ano 1991. Ou sexa, velliño xa. Vou pola zona dos Castros, entre Toén e Cartelle, con dirección a Macendo. Ó pasar a aldea de Trelle vai tan lento que opto por baixar a ventá do piloto, baixarme del e poñerme ó seu par, agarrado ó marco da porta. Ti segue tirando, lle dixen. E seguiu. Eu, andando, entretíñame máis que conducindo e, en principio, nin tiña que botar a correr. Xa veriamos cando baixase cara á San Tomé.
Pingas de Orballo Ó pouco notei que, unhas veces, dirixía as rodas para a dereita e, outras, para a esquerda. En nada, nuns centímetros. E seguía recto. Axiña caín en que cada vez que facía iso era para evitar o atropelo de algo. Primeiro foi dun lagarto, logo dunha serpe e mesmo esquivou a un esquío. O meu coche era listo de carallo! Moito máis que ese Kitt de pacotilla ó que David Hasselhoff lle ten que dar as ordes. O meu Kitt actúa por si mesmo! Nun momento dado acelerou un pouco coa intención de pillar a un xabaril. Axiña aminorou. Intúo que cae na conta de que, co golpe, podía saír el peor parado que o porco bravo. O meu Kitt é máis que listo!
Chegou o momento temido: a baixada dos Castros. Empecei a facer exercicios de quecemento por se había que correr detrás do coche. Nada de nada; este seguiu coa súa lenta marcha e permitindo que eu andase á súa beira. Non me quedou outra que lanzarlle un bico ó espello retrovisor para que me vise ben e, ó mesmo tempo, aloumiñei con felicidade o seu volante. Moito máis guapo, máis listo e máis chulo que o Kitt de David Hasselhoff. O meu Kitt dos Castros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES