Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empezando por min

jueves, 17 de agosto de 2023
HAI PERSOAS QUE SON MOI EXEMPLARES; pero cóstanos aceptalas como tales porque a nosa exemplaridade é inferior á súa.
HAI PERSOAS QUE SE ESMERAN MOITO POR FACER BEN E FANO; pero nunca satisfacen ás que fan menos porque ninguén quere sentirse comparado nin inferior ó outro.
HAI PERSOAS QUE SON ESPELLO PARA AS OUTRAS; pero non as queremos ver como espello porque saltarían á luz o nosos propios defectos.
Certo que non existen as persoas perfectas.
Cada un de nós tampoco somos perfectos, e por esa razón vemos os defectos nos outros con tanta facilidade.
Pero o que deberíamos de facer sería empezar a limpar a nosa propia vida e non xulgar a dos otros.
Tódalas vidas precisan limpeza: unha máis e outras menos pero todos temos algo que enmendar.
Sería moito máis proveitoso para todos se cadaquén mirara en que pode mellorar para aportar o seu grao de area a este mundo materialista e consumista.
Estamos inmersos nun mundo materialista que nos leva a un consumismo sen límites que non sacia a alma humana.
Se o materialismo saciara tódalas nosas necesidades, tería razón de ser; pero non.
En tempos pasados sufrimos moitas necesidades materiais e fixemos todo o posible para saír daquela estreitura económica que recordamos moitos.
Aínda segue habendo quen pasa necesidades; pero non tanta como antes, nin falta que fai.
Agora as necesidades cambiaron de signo: TEMOS NECESIDADE DE VALORES.
Non hai suficiente con ter a neveira chea, o noso corazón necesita ser tratado con humanidade:
NECESÍTASE MÁIS TEMPO EN FAMILIA PARA FALAR DOS VALORES QUE REXIRON A VIDA DOS NOSOS ANCESTROS CANDO:
- Se compartía unha caixa de mistos ou unha cunca de leite.
- Cando as amas de cría amamantaban as criaturas cando a nai non tiña leite.
- Cando se emparzaba nos labores do campo.
- Cando se atendían as necesidades dunha familia que tivera mala sorte.
- Cando os nenos xogaban ó aire libre e fabricabn os seus propios xoguetes.
- Cando se respectaba ás persoas maiores.
- Cando se coidaban os anciáns nos fogares.
- Cando se cedía o paso e o asento ós maiores.
- Cando se respectaban as autoridades: o mestre, o cura, o médico...
- Cando había seguridade polas rúas.
- Cando non había okupas.
- Cando unha palabra era como un documento.
- Cando se respectaban os valores cristiáns.
- Cando non había tecnoloxía pero usábase a cabeza...
NESTES TEMPOS CENSURAMOS MOITO OS FALLOS DO PASADO E REXEITAMOS OS VALORES CRISTIÁNS.
¿Qué teñen de malo os valores cristiáns?
ORIENTAN PARA IR POLO CAMIÑO DO AMOR UNIVERSAL PARA TODOS.
¿Hai algo mellor?
¿Por qué os rexeitamos?
¿Preferimos ir por libre?
Podemos facelo; pero:
¿Vainos mellor?
¿Somos máis felices?
¿Somos máis civilizados?
Penso que é hora de que cadaquén analice a súa propia vida para ver en que nos estamos equivocando e como podemos ser un pouco mellores e tamén máis felices.
O labor individual de cada un pode ter moito peso no benestar universal.
Un grao non fai graneiro; pero axuda ó compañeiro.
A NOSA XENTE NOVA MERECE UN LEGADO QUE LLE PERMITA DESENROLARSE CON DIGNIDADE E LIBERDADE SEN CAER EN EXCENTRICIDADES.
"DE NÓS DEPENDE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES