Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 16 de agosto de 2023
Parar a guerra

O coche dorme no taller, me dixeron. Unha pequena contrariedade. Necesítoo para ir a Ucraína. Quero parar a guerra. Como non me mete medo nada, póñome ó camiño e xa está. Dito e feito. Malo será que non chegue a tempo. A contenda non ten pinta de parar.
Polo camiño pensarei nos métodos máis sinxelos para deter esa masacre. Podo usar un poema de mil versos, de declamación fácil, e a ver que pasa. Ou lanzarlles unha canción de Roberto Carlos, John Lennon ou Bob Dylan. Rexeito un discurso Pingas de Orballo político. Os discursos políticos non son de crer. Son máis falsos que un político honrado. Como último recurso, e se vexo que non me fan caso, soltareilles un par de bombas nucleares e que rebente o mundo. A min non me marean a perdiz! Non son de andar con voltas e revoltas.
Cando cruce a cordilleira pirenaica seguro que xa tramaría algunha solución máis. Sei que non é fácil. Parar unha guerra nunca foi fácil; e por moito que diga que para min non hai nada imposible. Que carallo, non o hai. A proba é a desta andaina que iniciei porque o coche dorme hoxe no taller. Hai guerras que non poden ir máis alá do que xa foron.
Estou cruzando xa Francia e ensaiando un himno de paz asubiado. É unha mestura entre Ennio Morricone, John Williams, Vangelis e Hans Zimmer. O final remátoo cun solo de Henry Mancini. Cruzando Austria comunícanme que xa está o coche. A boas horas!

Rañar e furgar

Furguei no peito ata que furei o costelar. Conseguín ver como latexaba o corazón. Ganas me deron de collelo e arrincalo. Tiven medo de morrer. Así é que collín un saco de cemento, fixen unha pequena masa e pegueino como puiden. Iso empezaba a doer, pero os heroes aguantamos e facemos que non sentimos nada. Aínda que a valentía proia de carallo.
A inercia levoume a man dereita á barriga. Rabuñeina de tal maneira que conseguín ver o fígado. Estaba como para comelo con patacas. Como se comía o fígado dos porcos o primeiro día da matanza. Recoñezo que algo bruto si son. Noto xa que é coma un tic, coma un hábito que raño e rasco deica facer sangue e atravesar as entrañas. Ó mellor igual é o subconsciente aquel de cando miña nai me ameazaba con arrincarme a pel. A cabeza ás veces vaise pola tanxente ou escapa pola estrema.
Rañei no coiro cabeludo ata que cheguei ós miolos. Souben ó momento que o meu cerebro era pouca cousa. Tampouco lle pedín nunca grandes expectativas á miña vida. Nin llas pido. Cada un é como é, e eu, por suposto, son como son. Agora mesmo, un home coa cabeza aberta e cos miolos ó aire e moi propensos a ser pasto ou bocado exquisito das pombas que andar a peitear á miña beira.
Rañei ese sitio que todos pensades e descubrín que... Que cada un pense o que lle conveña, que un servidor vai coller fío e subela para coser esas toleas que asoman de cando en cando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES