Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas de Eugenio Montes a Joaquim Teixeira de PascoÃes

lunes, 21 de agosto de 2023
A correspondencia que se conserva entre Eugenio Montes e Teixeira de Pascoães, está publicada no libro: "Os intelectuais galegos e Teixeira de Pascoães (1), cos números 82 e 108, páxinas 152-153 e 180.
Para unha maior comprensión deses textos, é preciso recorrer a carta que Paco Luís Bernárdez lle enviou a Melchor Fernández Almagro, a mediados de xullo do ano 1923, coa seguinte información: "Eugenio Montes está en Portugal, que asistió en Viana do Castelo a un homenaje a Rosalía de Castro, donde se encontró a Teixeira de Pascoães, que insistió en invitarle a su casa de Amarante", e ao Boletín número 154 da Real Academia Galega do ano 1923, páxinas 370-376, onde se recolle ampla información da homenaxe a Rosalía o día 15 de xullo, último [15-07-1923]. "Para conmemorar el 38 aniversario del fallecimiento de la insigne Rosalía [de] Castro, se celebró en la ciudad portuguesa de Viana do Castelo, un solemne y brillantísimo homenaje en honor de la gloriosa poeta".
O acto foi organizado por o Instituto Histórico do Minho, do que Álvaro das Casas era membro, a ben seguro, a el se lle debe a proposta da homenaxe, a repercusión mediatica que tivo o acto e ao desenvolvemento da mesma, que xunto con Noriega Varela foron os dous conferenciantes que acudiron da Galiza. Álvaro das Casas, ademais do papel fundamental da organización e conferenciante, representaba nese acto "ao ministro de instruccão de Hespanha". Eugenio Montes, posiblemente fora invitado por Álvaro das Casas, dado a grande amizade que os unía desde os anos da adolescencia.
A carta número 82, é un texto manuscrito de Montes, que lle enviou a Teixeira de Pascoães desde a vila miñota de Monção aos escasos dous meses de coincidir na Vila do Conde (2).

Grande Hotel Ranhada
Monção-Pezo
Pezo, 11 vendima de 1923.

A Teixeira de Pascoaes,
Poeta: unha exquisita e insospeitada casualidá me trouxo, por contado tempo, a terra portuguesa. De ela non quisera eu, voltar pra miña galega, sin denantes pasar un día en Amarante con vosté.
Proximamente -non podo aínda fixar a data- chegarei a esa casa onde cantan as fontes i-os poetas escoitan. Non sei si os códigos de cortesía dan dereito pra se considerar, sin previa invitazón, hóspede de unha persoa con quen apenas conviviu fisicamente un minuto. Sei, en troque, qu'a minha amistá con vosté e xa antiga, e que moitas horas contaron o silenzoso diálogo do voso espíritu co meu.

A casa de Teixeira, no solar de Gatão, foi residencia de acollida dos nosos intelectuais, hai identificados a Vicente Risco, Noriega Varela, Castelao, Eugenio Montes, Ramón Martínez López e Francisco Luís Bernárdez, e o máis seguro é que estivera algún máis.
A frase que utiliza Montes na carta "onde cantan as fontes i-os poetas escoitan", é unha definición maxistral da quinta onde moraba Teixeira. O trato familiar dos seus sobriños segue sendo entrañable, moi similar ao dos tempos idos. Esa é a experiencia vivida por Isaac Alonso Estraviz, con motivo da procura de documentación para a publicación do libro: "Os intelectuais galegos e Teixeira de Pascoães" nos anos 1988-1999.
Cando Montes fala da amistá antiga, fai referencia aos lazos do ultraísmo e ás publicacións en Nós, Ronsel e Alfar.
[Nova epístola ou telegrama prevendranvos do instante exauto da miña aparizón..
O senhor Antonio Carneiro, morador no mesmo Hotel qu'eu, encarregoume de lle transmitir as suas lembranzas. Con elas van, voando nas aas dos ventos lusos, saudos tremantes de agarimo e admirazón.
Eugenio Montes
S/C accidental: Hotel Ranhada-Pezp Monção.


Na correspondencia de Montes, sempre aparece algo significativo, que fai imposible que pase desapercibido, así ao mais puro estilo trobadoresco, lémbranos os lenços de namorar ou a escritura antenupcial coas "lembranzas que van voando nas aas dos ventos lusos".

A carta número 108, é un texto manuscrito de Montes, en papel timbrado do diario: "El Pueblo Gallego", Secretario de Redacción, con un ano de diferencia. Por o contexto, da a entender que houbo correspondencia nese intervalo de tempo, e que moi posiblemente, Montes visitase en máis dunha ocasión a Teixeira en Amarante (3).

Sr. D. Joaquim Teixeira de Pascoaes
Vigo, 2 de Octubre de 1924

Meu querido Pascoaes: Aiqui n'iste xornal, cando aínda estaba orballando pol-a chuvia sentimental da sua amistade en Amarante, pubriquei un pequeno artigo sobre vosté que supoño haxa lido.
Logo escomenzei un traballo mais serio pra "Revista de Occidente", que dirixe o Ortega y Gasset en Madrid. Pro non me decidín a rematalo no intre que non conoza os outros dous libros da triloxía do Pobre Tolo. Aínda non os puden topar. Quere vosté, si xa ten exemplares, mandarllos a iste lonxano amigo que tanto ademira e quere?
E agora outra nova petizón: Imos a pubricar eiquí unha páxina literaria baixo a miña direczón que chamamos Galaxia, en lembranza das pelengrinaciós a Compostela.
Eu quisera dar algunha prosa -ou verso- sua xa no primeiro númaro. Non me negue unha nova proba de considerazón e amistade.
Se ainda está en Amarante o encantador Pasos de Arcos fágalle pedido idéntico.
Saude respeitosamente a sua familia e reciba vosté unha aperta do seu óspede.
Euxenio Montes.


Ao revisar as publicacións da revista de Occidente, números 7-102, dos anos 1924-1931, non encontrei ningún texto de Eugenio Montes. Varios puideron ser os motivos: non ter recibidos os textos; a marcha de Montes da redacción de el Pueblo Gallego; aprobar as oposicións a catedrático, no ano 1926 e a posterior marcha ao estranxeiro como bolseiro da JAE, no período (1927-1933).
O mesmo me aconteceu ca páxina literaria de Galaxia, é ben sabido que as demandas de publicacións que tiña Teixeira, por parte dos medios portugueses e galegos eran numerosas, que en certa medida superaban a súa produción literaria, tanto en prosa como en verso.

NOTAS:
1. "Os intelectuais galegos e Teixeira de Pascoães" de Isaac Alonso Estraviz e Eloísa Álvarez, publicado por Ediciós do Castro no ano 1999, cos números 82 e 108.
2. D3/2748, documento da Biblioteca Nacional de Lisboa.
3. D3/2749, documento da Biblioteca Nacional de Lisboa
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES