Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volveu o deporte das masas

lunes, 14 de agosto de 2023
Volveu o deporte das masas Aguantei. Aguantei sen escribir nada de fútbol desde que rematara a Liga. Aguantei e a pesar de ter "mono" de fútbol”. Xa volveu o deporte rey, o deporte das masas. Ese deporte que, ante a galería, moitos desprezan, pero sempre acaban falando del. Tamén moitos dos que o desprezan, acaban subindo ás redes os éxitos da selección española feminina. En que quedamos?

Empezou de novo a Liga. Unha Liga que, a cada ano que pasa, mingua en categoría, está máis desvalorizada. Está xusto no punto para que "os entendidos" poñan de escusa a potencia inglesa ou os equipos Estado; a coartada perfecta para disimular unha derrota internacional, sen decatarse de que os dous grandes do noso país, Madrid e Barcelona, están en igual situación na nosa Liga que o City e o PSG na Liga de Campións. O afeccionado axiña salta co xeque e co petróleo, sen saber moi ben quen é Florentino Pérez.

Empezou de novo a Liga. Chega o tempo da paixón e do análise do comportamento humano. Xa o teño ditos moitas veces: o fútbol é un dos mellores ou o mellor baremo que existe para saber realmente como é unha persoa. Descóbrenos condutas que nin imaxinabamos en certos individuos, en certas personalidades.

Algúns vilipendian o fútbol porque seica son 22 paspáns correndo detrás dun balón. E no balonmán son 14. E no baloncesto 10. E nunha etapa da Volta Ciclista a España, por exemplo, son cento e pico dándolle a uns pedais. E nunha pista de atletismo, pois bastantes correndo ou choutando. Todo é deporte. O deporte sempre se dixo que era e que é bo e necesario. Non entendo por que se menospreza o fútbol. Porque o seguen moitos e sempre tendemos a levar a contra? Por que se manexan cifras económicas de escándalo? Anda, que se non chega a ser polo inicio da Liga, tiña en mente para este Recuncho falar das cantidades que cobran certos políticos, e deses que sabemos que non a rañan, falando claro. Iso si é de escándalo. Polo menos un xogador, un deportista bota os bofes e súa, ás veces mesmo sangue. O político si que nos chupa a nós o sangue. No fútbol, en calquera deporte amósanse certos valores que o político... E a este non o desdeñamos, como rexeitamos o fútbol. Así é que, por min, viva o fútbol!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES