Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Turismo, tamén afectado

miércoles, 04 de febrero de 2009
Pola crise. Ninguén parece poder librarse da crise. Ata o turismo, que en Galicia ven supor un doce por cento do produto interior bruto, sufríu un embate o pasado ano xa que houbo case un cuarto de millón menos de visitantes que o ano anterior.

Todo foi ben no primeiro trimestre do ano onde se mantiñan ou melloraban os niveis de 2007, pero coincidindo cos primeiros rumores ou perpectivas de crise, notouse a redución ata quedar nun total de arredor de tres millóns e medio de visitantes e unha diminución dos ingresos nos establecementos hoteleiros dun 0,3%.

Entrados xa no 2009 non parece que a perspectiva mellore e as circunstancias actuais e as declaracións que por todos lados nos invaden non auguran melloría inmediata na situación.

Menos mal que a perspectiva do Ano Santo en 2010 garante que Galicia volva ser punto de referencia para o turismo de toda Europa e especialmente do resto de España, agardando poder remontar a crise do sector para o próximo ano, E que este acontecemento actúe de motor para a economía galega que vai chegar tremendamente depauperada ós umbrais do xa non tan lonxano 2010 que é punto de referencia para todos os augures económicos e sociais.

En tanto, queda para este ano unha auténtica travesía do deserto para o turismo galego que se no pasado ano sufríu, neste que vivimos non vai mellorar demasiado.

Resistamos pois, que o 2010 para o turismo é toda unha garantía. En tanto, autoridades e implicados no sector do turismo a botar o resto con imaxinación e investimentos para que a nosa primeira fonte de ingresos non se resinta de xeito aínda máis importante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES