Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gozan de boa saúde

miércoles, 16 de agosto de 2023
En 1970 EFE informaba da morte de Celso Emilio e do seu fillo accidente de tráfico. A nova debeu correr como a pólvora (sen internet nin redes sociais). Pouco despois viuse obrigada a desmentilo. O feito espertou a creatividade do poeta que deixou dito "sorrindo e sen acritude" que "os mortos que vós matades gozan de boa saúde".

A pasada semana (con internet e redes sociais) pasoulle o mesmo a José Luis Perales e a difusión do seu pasamento superou a propia pólvora. Perales, nun vídeo, tomouno con humor e desmentiuno "sorrindo e sen acritude".

Quizais veña ben identificar quen está detrás das páxinas troleiras. Non para pechalas senón para tratar a quen as promove como o que é: "xente anana e mezquiña".
O importante e que a quen maten goce de boa saúde e tamén que estes medios vaian perdendo credibilidade...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES