Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maribel

miércoles, 04 de febrero de 2009
Certo día chegou a Lugo Maribel. Era gorda e foi á catedral a ver si operaba un milagre. A xente vestía de café de domingo. Algúns tiñan ensaiados os sorrisos. Maribel miraba a todo o mundo e todo o mundo miraba a Maribel. Os señores eloxiaban cos seus ollos aqueles inventos para teteiros e as señoras cuspían debaixo dos veos as seus envelenados sorrisos. Maribel, ese día estaba en Lugo porque ao día seguinte ía co seu pai Don Efeso a ese asedio que se chama Hospital de Día. Así foi que despois de escoitar seis misas e dar dúas voltas pola muralla, Maribel caeu rendida polo cansazo e polo peso das súas enormes razóns. A noite estrelecía e ela miraba pola ventá do lugar no que se hospedaba. Aínda tiña cinxida a faixa de goma que lle apertaba cousa seria e con ela así meteuse na cama. Maribel traballaba de cebadora nunha aldea calquera da provincia de Lugo, unha das máis atrasadas de Galiza. E nese lugar máis atrasado de España a nosa amiga se entregou ao sono moi esgotada, tan esgotada que non se quitou a faixa nin as pulseiras. Ao día seguinte pensaba na pereza que lle daba levantarse da cama e o fixo para dar voltas polo cuarto até que rodou coma unha pelota e atopou unha porta que daba ao cuarto de aseo. Mirouse ao espello e viu na súa cara unha erupción de carafunchos. Maribel cheiraba a pneumático, acordémonos de que a súa faixa era de goma e ela rodaba coma se fose unha roda.
-Pasaremos pola Xunta arranxar os papeis da pensión non contributiva de mamá -dixo.

E lle preguntaron a todo o mundo:
-Vostede sabe onde está a Xunta?
-Ou, agora é o Multiusos. Vaian por aquí e ao final desta rúa verán un edificio enfronte dunha porta da muralla que tamén queda enfronte da rúa Monforte, pero está un pouco antes doutra rúa que baixa antes da que lles digo -dixo un home que cheiraba a comida.

E Maribel e seu pai andaron, andaron e andaron. Cando lles pareceu que chegaran ao lugar perfectamente indicado viron un edificio do que entraba e saía moia xente.
-Carallo! Nesas vivendas vive case toda a xente de Lugo –dixo ela.
Ela vía mulleres entrar e saír coas bolsas da compra e pensou que aquel edificio non podía ser o da Xunta porque parecía un supermercado. Bo! Nada!, nada!, pensou. Iría de compras ela tamén. No hospital tiña cita ás doce da mañá e aínda eran as nove e media.
-Perdoe vostede -lle dixo a un funcionario moreno de praia que lía o xornal tras dun mostrador. O tipo mirou para a moza e cambioulle a cara cando lle pareceu que a pregunta lla formulaban aqueles caprichos para a boca do home.

“Qué mágoa!”, pensou o funcionario mirando para os fatigadísimos peitos que se pousaban enriba do mostrador. “Case acabara de ler as necrolóxicas e tivo que vir esta vaca”
-Dígame? Qué quere? -dixo o funcionario que ulía a bicarbonato porque tramitara un eructo.
-Maribel mordeu os beizos facendo unha transición e dixo: Nada!, nada!, é que vexo subir e baixar moitas mulleres coa bolsa da compra e quería saber en qué piso está o supermercado.
-Ha, ha, ha! -riu o espírito burlón do lacazán mirándolle as tetas-. Muller este é o edificio do Multiusos da Xunta de Galicia e estas mulleres son as funcionarias que saen tomar café e facer as compras.
Maribel mandoulle tres preguntas máis ao escravo e saíu aldraxada.
-Agora imos ao hospital que xa case é a hora -lle dixo ao seu pai que se sentara nun banco imitando as poses dos traballadores.

Cada hora é unha historia e cada un a vive como pode e onde lle toca. Maribel gastou o tempo, fixo o tempo e se lle morreu o tempo de mesa en mesa, de piso en piso e non fixo nada. En resumo, tempo perdido, tempo desaproveitado. E coma a un segundo lle sucede outro, digo, na vida real. Maribel saíu pitando cara o hospital. Ela chegara a Lugo desde un mundo recollido, ás veces misterioso, cargada de medos, cargada de soños, sen facer unha lectura desa sociedade onde eses medos e eses soños se constrúen.

DE BATAS BLANCAS
Enfronte do hospital quedou iluminada polas batas brancas cargadas de bolígrafos, pantalóns brancos ás veces verdes, ás veces azuis dos médicos, enfermeiras, celadores e outros que andaban ao lado oposto.

“Cara onde ir?”, se preguntaba Maribel. Aquel branco calcinado confundíase co negro carbón diluído e moído do alcatrán e o cemento das rúas. Non había equivocación posíbel, o hospital estaba naqueles lugares nos que servían tapas a todas horas. Maribel andou, moveu as pernas cara aqueles tugurios que se presentaban nos seus fociños. Que fácil! Pronto entraría en consulta. Don Efeso gobiado por un sol esplendoroso sentouse coma o que se tumba sobre unhas rocas fronte ao mar.
-Meu pai, atópase vostede ben? -preguntaba preocupada Maribel.
O estómago de Don Efeso ruxía de aburrimento. “Veña en xaxún Don Efeso, veña en xaxún”, lle dixeron.
“Ao ataque”, pensou Maribel. Preguntarei por aquí e por alí.
-Esta muller padece cretiniti, idiotiti. Mira que pensar que é aquí no bar a consulta do médico -dicían os clínicos.

Pero os médicos estaban no café vestidos de branco coas batas do hospital, apañando microbios e monóxido de carbono, con manchas de traxedia, cor de manteiga rancia cargadas de bacterias exterminadoras con fusís e puñais, atropellamundos con anemia, descargadores de defensas, epidemias de gripe, de cánceres discretos.

E Maribel deixouse levar polas risas e tivo que mostrarse amabilísima e prometedora tratando de que lle escoitaran a súa desculpable confusión.

Bo! todos os días se aprendía algunha cousa, ao fin e ao cabo, aquel lugar era unha esquina lóbrega, una estación de carga de ameazas de morte que algúns heroes, estúpidos finxidores sen escrúpulos transportan e na aldea de Maribel todos riparon pensando que aquelas cousas non as facían eses homes e esas mulleres que lle teñen que dar sabor á vida.

MÁS COSAS Y STOP
En cada intre hai un medo, acaso algún é moi pequeno pero fortemente influinte, pero todos forman parte dunha narración global, materiais dunha memoria colectiva que non saen todos os días nos medios de comunicación de masas. Hoxe Maribel e Don Efeso son personaxes protagonistas, que somos a maioría de todos. Eles, coma nós, son dúas vítimas da fealdade, da hipocrisía, da desigualdade, da inxustiza e do mal goberno. Esta narración da realidade, dinámica e cambiante reprodúcese constantemente. Hoxe todos os personaxes ocupan un espazo relevante e máis adiante ocuparán un espazo secundario.

Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES