Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 10 de agosto de 2023
O Niágara en bicicleta

Recibín unha invitación para cruzar o Niágara en bicicleta. Seguro que foi o puto Juan Luis Guerra! Mal sabe el que eu non sei andar en bicicleta. Pero non penso decepcionalo. Marchei correndo a un lugar deses nos que venden aparellos que circulan e preguntei por un triciclo. Tiña que empezar de cero. O vendedor pensou que era para un neto. Por vergonza, non o desenganei.
Pingas de Orballo Durante unhas cantas mañás e algunhas tardes (quéirase que non, o sol non é bo para a miña saúde e estaba a quentar de carallo) practiquei coma se fora un cativo. Menos mal que ninguén me vía. Claro que xa intentaba practicar por pistas acochadas. Non tardei en quitar a rodiña esquerda de apoio e confeso que caín por varias veces. Como volvín caer cando quitei o apoio dereito. Que me fagan caer as dereitas xa me alterou (perdón, foi un inciso).
Resumindo, que trompazo tras trompazo conseguín manterme medianamente ben, en pé. Penso que xa estaba preparado para cruzar o Niágara en bicicleta. Antes, aínda me apuntei ó Tour de Francia e... E que queredes que vos diga, quedei nun honroso posto 131, dos 135 que rematamos.
Chegado o día pillei o avión con destino á fronteira de Canadá con Estados Unidos. Alá estaba, efectivamente, o gran Juan Luis Guerra e, logo das presentacións cos seus correspondentes abrazos, collín a bicicleta sen marca, encomendeime á virxe dos Milagres, alá polo concello de Baños de Molgas, e dei as primeiras pedaladas. Non tardei en afogar, claro. Porque tampouco sabía nadar. Puto Juan Luis Guerra e o seu Niágara en bicicleta!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES